PAGINA

mércores, 30 de xaneiro de 2019

30 de XANEIRO, DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Hoxe celebramos na escola o Día da paz e a non Violencia.

PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DO EVENTO
 Foi un acto moi significativo porque entre todos os alumn@s e mestr@s e coa inestimable colaboración das familias construímos  a táboa periódica da paz, cantamos unha versión propia da canción "Hallelujah" de...
Leonard Cohen




Experiencia a conciencia lévanos a traballar moitos contidos científicos entre os que se atopa a táboa periodica dos elementos que este ano celebra o seu 150 aniversario. A UNESCO vai celebrar moitos eventos ao longo de este ano e no día de onte, martes 29 de xaneiro, comezou a celebración cunha cerimonia á que asistiron personalidades como un gañador do premio Nobel de Química e o ministro de Ciencias de Rusia.
O científico ruso Dmtry Mendeleev publicou a primeira destas tablas no ano 1969. As persoas que estudiaran química recoñecen a táboa, que organiza os elelmentos químicos segundo a cantidade de protóns que ten cada átomo e outras propiedades.

O alumnado trouxo unha palabra ou frase que contiña as letras do símbolo químico dos elementos.
 A nova versión galega da táboa periódica acaba de ser  elaborada  polo Departameento de Química inorgánica da USC polos investigadores e docentes Manuel R. Bermejo, Ana M. González Noya e Marcelino Maneiro.







Ningún comentario:

Publicar un comentario