PAGINA

luns, 25 de febreiro de 2019

CONSIGNAS DO MECO

O pasado venres, o noso meco díxonos:

"Se á vosa científica queredes rescatar, 
Pensade moi seriamente no que vos vou mandar...
Un aviso, quero darvos, antes de comezar:
O que non cumpra coas ordes un castigo vai levar"

Este luns todos tivemos que traer un tutú de ballet e un gran bigote pintadiño e a quen non o trouxo co pelo de cristas pintado estivo toda a mañá



 

venres, 22 de febreiro de 2019

QUE ACONTECE NA ESCOLA?

Algo está a suceder no cole!...
O Doutor Bacilus estaba a estudar coa súa axudante a Doutora Sardiña a táboa periodica de elementos. Queredes coñecela?




 Esta é!
 Pero de súpeto, un ser diferente apareceu 


 é ... DEUSE UN GRAN BANQUETE, pois papou dun bocado  a nosa marabillosa científica.
Agora, o noso porteiro Jose Mª coa colaboración dos mestres e dos alumnos e alumnas de sexto o tratan de capturar pero él atopou un lugar privilexiado na escola para anunciarnos que...

CHEGA O ENTROIDO 

Agora toca obedecer ás súas ordes, pois quen non as cumpra será castigado polo Meco.



xoves, 21 de febreiro de 2019

VOLVE O XOVES EXPERIMENTO

Hoxe tivemos o pracer de ter no LABORATORIO DO DOUTOR BACILUS, ao avó de Xosé Quintana Ancosmede que axudou ao seu neto a facer a simulación da erupción dun volcán. Logo, as alumnas de cuarto curso de primaria Marta e Cayetana tinguiron leite con colorante alimentario.
Qué divertidos son os xoves grazas aos experimentos!


mércores, 20 de febreiro de 2019

OS SCIENCETUBERS DE FEBREIRO

Comezan a chegar os experimentos  da mochila científica neste mes de candeas.

FAMILIA XOANA BARCIA


sábado, 16 de febreiro de 2019

OS SCIENCETUBERS DE XANEIRO

Continúan a chegar preciosos experimentos do alumnado nos laboratorios da casa. Podemos gozar dos experimentos das familias:
  • Sánchez Rodríguez

  • Riveiro

  • Colón Guerrero

  • García Flores

  • Rodríguez Pequeño

  • Silva Frías

  • Estévez Miguez

xoves, 14 de febreiro de 2019

XOVES EXPERIMENTO

Nesta ocasión foi a quenda de Noa Fernández e Nerea Lago. Estas magníficas científicas tiveron a oportunidade de deleitar ao magnífico público como pinchar un globo sen que estoupe.
Os seus compañeir@s quedaron abraiad@s.

luns, 11 de febreiro de 2019

MAGNA INAUGURACIÓN DO LABORATORIO DO DOUTOR BACILUS

Hoxe, co gallo da celebración do  Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, no tempo de lecer parte do alumnado e mailo profesorado estiveron presentes na INAUGURACIÓN DO LABORATORIO DO DOUTOR BACILUS.

 Logo de cortar a cinta, inaugurouse o espazo. Estiveron presentes tres grandes científicos. En primeiro lugar, estivo o Doutor Xaquín Mayo, que con bicarbonato e espuma de afeitar fixo neve artificial.





 Logo, foi a quenda das Doutoras, Ainhoa Gil e Laura Millara, que encheron un globo con bicarbonato e vinagre.


A partires de hoxe, o laboratorio do Doutor Bacilus funcionará tódolos xoves, Animádevos a participar!


venres, 8 de febreiro de 2019

O LABORATORIO DO DOUTOR BACILUS INAUGÚRASE

O laboratorio do Doutor Bacilus inaugúrase este luns día 11 de candeas. Nel poderemos presentar os nosos experimentos máis...
 marabillosos, 
máxicos, 
interesantes, 
 sorprendentes,
 alucinantes
abracadabrantes,...
 a todos e a todas @s que queiran vir no tempo de lecer.


Se tes un experimento que reúne esas características proucra os materiais necesarios para poñelo en práctica, ensáiao varias veces se é posible e cando funcione, entregalle a ficha de solicitude cuberta a un meste para que te adxudiquemos unha data de LABORATORIO.

Papás, mamás, tíos, tías, avós, avoas... se tamén queredes vir experimentar estariaos encantados de recibirvos, ponédevos en contacto cos titores.
Grazas!

xoves, 7 de febreiro de 2019

CINE EN FAMILIA

Xa están aquí,
xa volven os...

VENRES DE CINE EN FAMILIA




Os nenos e nenas de educación infantil, primeiro e segundo curso de primaria deberán asistir acompañados dun adulto.

mércores, 6 de febreiro de 2019

HOXE VISITOUNOS... RAMÓN MÉNDEZ

Ramón Méndez é un traductor galego especializado nos videoxogos. 


Ramón Méndez, licenciouse en Traducción e Interpretación pola Universidade de Vigo e doctorouse cunha tese específica sobre a industria do videoxogo.  Foi o primeiro doctor de España con esta tese. Na actualidade traballa na Universidade de Vigo como mestre e colobora con moitas outras espalladas polo mundo.

Traballou para  Edge, NGamer, Namco Bandai o Nintendo.

Ramón explicoulles aos nenos que para que eles poidan xogar, moitas persoas traballan facendo os textos, as imaxes, a música e a parte técnica e científica que fai que cando eles premen os botóns de controis, fagan o movemento correcto.

Comezou a traballar no mundo da tradución no 2016, e participou en moitos xogos, tales como   Skyrim, Dirver: San Fancisco, Rise of Venice, Broken Sword 5, Thief, Sniper Elite 3, Sniper Elite 4, Far Cry 4, Assassin's Creed: Unity, Assassin's Creed: Rogue, Until Dawn, Dying Light, Watch Dogs 2, The Witcher 3, Divinity Original Sin, Blood Bowl II .

 Na actualidade está a recibir moitos premios polo seu traballo.
Logo da súa exposición e dentro da rolda de preguntas, os nenos e nenas lle preguntaban cantos xogos tiña, se os coleccionaba,... e que xogos recomendaría. 
Mencionou:
  • Brothers
  • Broken sword
  • Child of light
  • Terraria
  • Limbo
  • Flipping Death
  • Saucer-Like
Agradecemos moito esta visita, aprendemos moitas cousas!