O pasado curso, tras a vaga de lumes que sufriu a nosa terra, reforestamos os montes de Beade. Este curso, traballando o Camiño, decatámonos de que moitos dos seus tramos carecen de sombra. Por iso, dende a escola queremos contribuír á súa reforestación plantando árbores autóctonas, como castiñeiros e carballos, máis resistentes ao lume.
Precisamos da vosa colaboración!
Durante a fin de semana, recollede landras e castañas acabadas de caer das árbores, desta tempada, e preparádeas seguindo as indicacións da guía adxunta.
Cando medren as pequenas árbores, organizararemos unha saída en familia para plantalas.
Podedes enviar imaxes do proceso ao wasapp da escola , 658715569, indicando onde foron recollidas as sementes.
Moitas grazas!

.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario