PAGINA

venres, 8 de maio de 2026

HOXE VISÍTANOS... MIGUEL ALONSO DIZ


 O alumnado de 3°EP tivo hoxe un marabilloso encontro con Miguel Alonso, autor do libro que traballaron durante o curso "Axencia Galega de Asuntos Máxicos". Fixéronlle moitas preguntas, o autor dedicoulles os libros e todos saíron sendo socios da AGAM.

Miguel Alonso Diz é un escritor galego que tamén destaca como contacontos.  Naceu en Madrid en 1976, pero está moi vinculado a Galicia; traballa moito con nen@s e moz@s, facendo obradoiros de escrita, narración oral e promoción da lingua galega. 

Encántalle mesturar fantasía, emocións, valores humanos e elementos da mitoloxía galega. 

Moitas grazas a Miguel Alonso da nosa parte.
 
 

xoves, 7 de maio de 2026

HOXE VISÍTANOS... ANAIR RODRÍGUEZ E DAVÍD RODRÍGUEZ

  

Anair Rodríguez, visita a nosa escola da man da Editorial Xerais, para falar cos cativos da escola da súa Guía Ilustrada dos seres fantásticos qaue viven en Galicia acompañada do seu irmá David Rodríguez, ilustrador da súa obra. Contáronnos cómo se fai un libro dende que se ten a idea ata que chega ás nosas mans. 

 Anair é viguesa, nada no ano 1978 que é coñecida sobre todo polos seus libros infantís e xuvenís de divulgación cultural e histórica. A súa obra máis famosa é Pioneiras. Galegas que abriron camiño, onde conta a historia de mulleres galegas que foron pioneiras en diferentes ámbitos, como o xornalismo, a ciencia ou a navegación.


Aos cativos encantoulles todas as critaturas da mitoloxía galega e deixou no aire que poida facer unha segunda parte.  

David Rodríguez debuxounos varios personaxes e explicounos como elabora as súas ilustracións  a través dunha tableta gráfica.

Entregámoslles un traballiño... FEITO A MAN

 Eles, asinaron o noso libro e nos agasallaron tamén cunha ilustración fermosa.


 

sábado, 2 de maio de 2026

A TÚA MAN O TEU ESCUDO

 Mestres e alumnado celebran o DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR que se celebra o 2 de maio, cunha iniciativa impulsada por FOANPAS.

Todos e todas coa máscara que levaba por lema A TÚA MAN, O TEU ESCUDO. Logo creamos unha cadea humana ao ritmo de Natalia Jiménez coa canción "Creo en mi". O SILENCIO NON É A SOLUCIÓN.