PAGINA

martes, 23 de abril de 2024

VISITA Á FRAGA DAS ALVOREZAS

 O martes 23 de abril, os alumnos de 5º e 2º de Ed. Primaria fixemos unha visita ao monte comunal de Matamá. 


A maior parte deste monte está dedicada ao monocultivo de eucaliptos. Porén, existe un reducido espazo no que a Comunidade de Montes coida dun pequeno bosque mixto de árbores autóctonas: A Fraga das Alvorezas.





Neste espazo, plántanse árbores autóctonas e protéxense  as árbores pequenas, fanse casas-niño para os paxaros e tamén se está a facer un traballo de recuperación das vacalouras, para o que é preciso que haxa no bosque madeira vella en descomposición.
FAUNA
As especies vexetais que atopamos foron moitas. Destacamos as seguintes:
- Carballos
- Castiñeiros
- Estripeiros
- Érbedos
- Loureiros
- Acivros
No ano 2017, os incendios que arrasaron boa parte deste monte de Matamá, apenas produciron efectos sobre esta fraga. A diferenza dos eucaliptos, as árbores caducifolias amorteceron a calor do lume, véndose só afectadas as que estaban no perímetro da fraga e máis próximas aos eucaliptos.
FAUNA
Moitos dos animais que viven na fraga das Alvorezas agacháronse cando non viron a tanta xente facendo barullo no monte. Aínda así, atopamos algúns dos seus moradores:
- Paxaros
- Escaravellos
- Arañas
- Avelaíñas

PETRÓGLIFOS
Ao rematar a visita á Fraga, fomos ver o cervo das Millaradas. Pero este non é un cervo real, senón un petróglifo gravado na pedra hai máis de catro mil anos polos habitantes prehistóricos deste lugar.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario