Soledad Felloza é unha recoñecida narradora oral e actriz uruguaia que vive en Galicia, coñecida polos seus obradoiros creativos de radio escolar. De feito, é unha das recomendacións que se fai dende a Consellería, no dossier de radio escolar. Soledad gañouse aos cativos. Traballou con eles a dicción, a entoación e a modulación da voz. Explicoulles que para contar historias o máis importante é captar a atención dos participantes. Polo que fixemos exercicios de quecer a voz, entoación, o ritmo, o ton... Traballou con nós o conto en voz alta. Practicamos a narración de textos curtos e logo xeramos ideas e creamos as nosas propias historias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario