Continuamos a crear na biblioteca, na aula steam Os máis cativos con moita paciencia, tiveron que resolver o reto proposto: Coas pequenas pezas dos legos, tedes que construír o Meco da escola, o Meco Explorador.
Estas son algunhas das súas produccións:
Nesta actividade fomentamos o desenvolvemento da creatividade. Os nenos e nenas teñen que construir o meco de xeito totalmente libre o que lle permite desenvolver a súa intelixencia emocional. Tamén contribue este xogo ao desenvolvento cognitivo dos rapaces, pois estimulamos as habilidades motoras finas e outras que tamén interveñen e fundamentalmente estimula o pesamento matemático. As construcción feitas permitenlle comprender o espazo, as dimensións e as proporcións dun xeito divertido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario