PAGINA

sábado, 24 de febreiro de 2024

CONSTRUÍMOS NIÑOS NA AULA STEAM

 Ao longo da semana o alumnado do cuarto, quinto e sexto curso de primaria na hora STEAM aproveitou para traballar os algoritmos construíndo un niño.

Que é un algoritmo? Un algoritmo é unha serie de instrucións ordenadas para resolver un problema ou lograr un obxectivo. Por exemplo, seguir unha receita para facer unha comida ou os pasos a dar para lavar os dentes.

Neste caso, imos a seguir os pasos dados no manual de como crear un niño.

 




Proposta creativa, manual de instrucións, instrumentos, materiais e 100 minutos de traballo para construír un niño. Acadarémolo? Un reto que pretende achegar ao noso alumnado ao medio natural aprendendo o importante que é a nosa vida.


Queremos un patio cheo de vida!

 Esta proposta creativa tivo grande aceptación entre o noso alumnado. As instrucións foron seguidas en maior ou menor medida pero o tempo non foi suficiente. Tivemos que pasar de dúas a tres sesións para poder desenvolver a tarefa.

O resultado... marabilloso. Os nosos rapaces e rapazas, son uns verdadeiros artistas. Foron quen de superar os atrancos buscando solucións aos seus problemas. Non digamos máis e vexamos o proceso creativo.




 

 

Esta mesma  proposta creativa tamén chegou ás familias ás que pedimos que  desenvolvesen unha actividade similar  pero tratando de favorecer non so a creatividade se non, tamén, a liberdade potenciando a produción persoal. 

SOMOS UNHA COMUNIDADE EDUCATIVA ABERTA. Entendemos o traballo como algo conxunto coa familia, coa escola e coa contorna.

Grazas!

Vivimos nun planeta cheo de vida!

Ningún comentario:

Publicar un comentario