"O Monte Vivo" é un proxecto educativo levado a cabo en varias escolas que busca implicar ao alumnado na conservación e recuperación dos montes locais. Solicitamos este faladoiro posto que está relacionado co Proxecto Documental Integrado da escola e concretamente, está directamente ralacionado coa temática elexida polo quinto curso de primaria "Os montes".
Neste faladoiro falaronnos da importancia de facer plantacións de árbores autóctonas, a eliminación de especies invasoras como a acacia e o eucalipto, e outras actividades de mantemento e coidado dos espazos naturais.
Tamén nos falaron da fauna e flora que vive neste habitat e derónnos dous niños para colocar na escola.
Moitas grazas, aprendemos moitas cousas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario