PAGINA

martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA NON VIOLENCIA

 Hoxe celebramos na escola o Día da NON Violencia e a Paz. Levamos días facendo obradoiros creativos e decoracións para os nosos corredores.

 


 Para comezar, o alumnado do segundo curso recita un poema de Gloria Fuertes, "Poema ao non"


 

Despois do tempo de lecer, todos os alumnos e alumnas, mestres e mestras da escola concentrámonos no patio de educación infantil para facer a representación do libro de "El muro", de Giancarlo Macri e Carolina Zanotti, Edicións Lu.

Nesta representación, unha raiña dun pais onde todo o mundo se recoñece pola súa cor, fainos descubrir que as veces, tomamos decisións inapropiadas e ridículas. O bonito e saber recoñecer os erros e camiñar xuntos.

 Os muros sepárannos, pero o futuro constrúese coa axuda de todo@s

Esperamos que gocedes coas imaxes, nós tamén gozamos preparando esta pequena representación. 




Finalizamos o acto do día da paz, cantando:Happening- Alto el fuego, nunha versión en galego.

Temos moitos muros que romper!, vivimos nunha sociedade onde debemos aprender a querernos e respetarnos. 

Pero hoxe, non podemos deixar de celebra o DÍA DA ILUSTRACIÓN.

Aproveitamos o traballo destes días, e os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria, ilustramos o conto "O Muro". Temos uns grandes artistas no noso alumnado.








 

POEMA AO NON DE GLORIA FUERTES

 O alumnado do segundo curso de primaria traballou na aula o POEMA AO NON de GLORIA FUERTES para celebrar o Día escolar da Non Violencia e da Paz .


 

luns, 29 de xaneiro de 2024

ACTIVIDADE INTERCENTROS: O NADAL DE SHREK

 Felicitar aos organizadores desta actividadeintercentros onde o alumnado de primeiro e bacharelato de Artees nos ofreceu a obra de teatro "O Nadal de Shrek". O noso alumnado e profesorado quedou encantado coa experiencia

Esperamos poder ter máis actividades colaborativas co IES ALEXANDRE BÓVEDA, instituto ao que estamos adscritos. 

 





venres, 26 de xaneiro de 2024

BIBLIOTECA CREATIVA

Proposta creativa de reciclaxe. Arte con tapóns. Tal e como fai Mary Ellen Croteau, nós tamén vemos máis aló duns tapóns de botellas. Creamos obras de arte de paz.

Reciclaxe e coidado do medio ambiente.








 

mércores, 24 de xaneiro de 2024

NON QUEREMOS GRANULADO NAS NOSAS PRAIAS!

  A CHEGADA DO PLÁSTICO GRANULADO A GALICIA.

Seguindo a dinámica de traballo do tema anual da escola do Resío,  UN PLANETA CHEO DE VIDA, e impactados tralos últimos acontecementos nas nosas praias, decidiuse traballar coa cativada un mini proxecto do granulado.

Este obradoiro ten  como obxectivo principal fomentar valores de ecoloxía e convivencia positiva entre o alumnado do grupo clase a través da creatividade.

A rapazada é a protagonista do obradoiro: realizará tódolos pasos do proceso creativo. 

A actividade levouse a cabo en catro pasos:

  1. 1.       Falouse do problema xurdido nas costas galegas, aproveitando a lectura do xornal.
  1. 2.       Cada grupo, seguindo dinámicas de pensamento colectivo, definiu unha mensaxe que querían plasmar.
  1. 3.       Os rapaces fan a súa propia edición do traballo que queren desenvolver utilizando distintos recursos plásticos, postos ao seu dispor.
  1. 4.       Presentación do cartaz aos seus compañeiros, explicando as técnicas utilizadas na súa composición, e a mensaxe ecolóxica que queren transmitir.

sábado, 20 de xaneiro de 2024

EXPERTOS NA SABANA, 4º EDUCACIÓN INFANTIL

 

Dentro do Proxecto Documental Integrado  anual, o alumnado máis cativo da escola, está facéndose experto na SABANA.

Comezan a chegar á aula os materiais.

Grazas familias!



 

venres, 19 de xaneiro de 2024

MEDIADORES DE CONVIVENCIA

 Hoxe o alumnado do quinto e sexto curso de primaria recibiu a sesión inicial de formación de mediadores de convivencia. Nas vindeiras semanas continuaremos formándonos neste proxecto que botou a andar este curso escolar na nosa escola.


 

BOTAN A ANDAR OS CLUBS DE LECTURA


 Esta semana botaron a andar os diversos clubs de lectura do Resío. Neles participaron un total de 29  alumnos e alumnas do cuarto, quinto e sexto curso de primaria. Os libros elexidos son:

·       A botella de lentellas de Leticia Barbadillo,

·       Trece avisos, de Paula Carballeira

·       Cuando brillan las estrellas de  Victoria Jamieson y Omar Mohamed

 A vindeira semana será o Club de adultos “Café entre liñas”,  co libro Ninguén contará a verdade de Pedro Feijoo, o que terá a súa primeira xuntanza; pais, nais e mestres e mestras reuniranse por compartir impresións sobre o libro ao redor dun café.

CEIP VIRXE DO ROCÍO, participa no programa Clubs de Lectura da Xunta de Galicia dende hai tres anos. É unha iniciativa moi ben valorada pola comunidade educativa e que ano tras ano gaña socios e socias.

Trala lectura e análise dos libros, os membros dos clubs de lectura gozan de encontros cos autores, roteiros didácticos, realizan podscast para a radio escolar...

 

 

mércores, 17 de xaneiro de 2024

O MONTE VIVO




 "O Monte Vivo" é un proxecto educativo levado a cabo en varias escolas  que busca implicar ao alumnado na conservación e recuperación dos montes locais. Solicitamos este faladoiro posto que está relacionado co Proxecto Documental Integrado da escola e concretamente, está directamente ralacionado coa temática elexida polo quinto curso de primaria "Os montes".

Neste faladoiro falaronnos da importancia de facer plantacións de árbores autóctonas, a eliminación de especies invasoras como a acacia e o eucalipto, e outras actividades de mantemento e coidado dos espazos naturais. 

Tamén nos falaron da fauna e flora que vive neste habitat e derónnos dous niños para colocar na escola.

Moitas grazas, aprendemos moitas cousas!

martes, 16 de xaneiro de 2024

SEGUIMOS A TRABALLAR NO PDI ANUAL

 Por fin, podemos colgar o noso mural do PDI anual.Un mural que representa UN PLANETA CHEO DE VIDA. Este mural é producto dun traballo colaborativo inter aulas.

Estamos moi contentos co resultado!, bo traballo, rapaces!



 

mércores, 10 de xaneiro de 2024

CLUB DE LECTURA

 Hoxe foi un día moi importante, os cativos elexiron os libros que traballaremos este trimestre no club de lectura.






 

martes, 9 de xaneiro de 2024

RETO ECOLÓXICO: RECOLLIDA DE PILAS

 

Na escola volvemos a participar nde recollidaa Campaña Escolar de recollida de pilas chamado PILABOT.

Mañá mércores día 10 comezará a participación no concurso. Temos seis semanas para recoller pilas e baterias. Pasado este tempo, pasarán pola escola a facer a pesada de tódalas pilas recollidas.. Traballamos co alumnado a importancia da reciclaxe das pilas.

Aló polo mes de xuño saberemos os ressultados obtidos pola nosa escola e o posto da clasificación.