PAGINA

venres, 29 de decembro de 2023

GAÑADORES DA ESCOLA NO CONCURSO DE DEBUXO "VIDA SOSTIBLE"

Dende a aula de plástica participamos no concurso de debuxo "VIda Sostible" organizado polo xornal Atlántico Diario e Fomento de Cosntruccións e Contratas (FCC). O tema do debuxo foi "VIgo, a cidade máis limpa de España"

A través do suplemento educativo Xornal Escolar, os debuxos foron valorados por un xurado que elexiu aos gañadores.

A entrega de premios levouse a cabo no Auditorio Mar de Vigo. Na entrega, estivo presente o Alcalde Abel Caballero, a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, e pola  representante en Vigo de Fomento de Construccions e Contratas (FCC), Mabel Ayo.

Noraboa a Mar, Cloe, Breogán, Uxía,  Olivia e Mia.

 

DECORAMOS A PÉRGOLA DE BOUZAS. COLABORAMOS COA ASOCIACIÓN CULTURAL VILA DE BOUZAS

 

Hoxe, e segundo o acordado coa Asociación Cultural Vila de Bouzas, o alumnado de Infantil, primeiro e segundo curso de Primaria fixemos unha saída ao noso barrio de Bouzas.  Estivemos decorando a pérgola cos adornos feitos por nós. Tamén fixemos un percorrido polo barrio e miramos as fermosas decoracións do Nadal das casas.






 

luns, 11 de decembro de 2023

POSTAIS CON MENSAXES ECOLÓXICAS

 O alumnado, elaborou unhas postais  de Nadal, no que pedían mensaxes relacionadas cos distintos Obxectivos Sostibles.





martes, 5 de decembro de 2023

ÁRBORE CREATIVA

 Unha proposta,

 

 un gran traballo colaborativo.

 Grazas, familias!

sábado, 2 de decembro de 2023

PANEIS, ABELLAS E CERA

 Paneis, abellas e cera... un planeta cheo de vida.


O profe Juan, trouxo da súa casa paneis e cera das abellas para que o alumnado comprendera o ciclo de vida das abellas.  dende   o ovo ata a abella adulta, e como traballan para producir mel e cera. Ademáis, tentou explicarlles a importancia que teñen as abellas na polinización e como contribúen á biodiversidade, e á produción de alimentos. Por iso son moi importantes nos nosos ecosistemas. Por outra banda, traballou o proceso d extracción e manipulación da cera.

 Ensinoulles que os panais están cubertos con unha capa fina de cera que se debe eliminar antes de extraer o mel. Este proceso chámase desoperculado e realízase con coitelos ou desoperculadoras especiais. Logo o mel extráese mediante unha centrifugadora chamada extractor de mel. Os panais colócanse no extractor e xíranse para que o mel saia sen danar a cera.

A cera residual que queda nos panais pode recuperarse fundíndoa. Isto faise quentando a cera a unha temperatura moderada, normalmente nun baño maría, para evitar queimaduras. A cera líquida pódese colar para eliminar as impurezas.

 Unha vez líquida e limpa, a cera vértese en moldes para formar bloques ou láminas que poden usarse máis tarde para diferentes fins.

Todo este proceso levouno a cabo no laboratorio das artes e das ciencias.



                     



luns, 27 de novembro de 2023

MIGUEL LÓPEZ, HEMATOCRÍTICO

Grazas por facernos gozar do teu bo facer, do teu sorriso, das túas escritas, do teu talento...

Con bágoas no corazón...

Ata sempre, mestre.




 

venres, 24 de novembro de 2023

25 DE SANTOS DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 Non temos mellor xeito de manifestar o noso rexeitamento a violencia, que manifestalo todos xuntos.


 

A nosa comunidade educativa elaborou un video colaborativo.  Familias, grazas pola vosa axuda.


 

sábado, 11 de novembro de 2023

FESTA DO MAGOSTO

 Este venres día 10, celebrouse na
escola a tradicional festa do Magosto. Esta festa non sería posible sen mamás, papás, avós e avoas  ,profes e ANPA que con agarimo prepararon todo para gozar dunha fermosa mañá.

 

 

 Os mestres prepararon moitos xogos e obradoiros, a ANPA mercou castañas para a festa e un grupo de familiares colaboraron nos xogos e asaron todas as castañas. O tempo non acompañou, pero o Magosto foi todo un éxito.

En equipos interniveis, os rapaces desfrutaron de xogos populares, peóns, zancos, carreira de sacos, tiro da corda, tragacastañas, varrecastañas, circuíto de castañas, a chave, pinta o magosto, baile, ... Foi un sen parar, so botamos en falla o veraniño de San Martiño.

CIRCUÍTO DE CASTAÑAS


PREPARADOS PARA O XOGO

TIRO DA CORDA

CARREIRA DE SACOS


PEONS

VARRE CASTAÑAS


PINTANDO O MAGOSTO


TIZNAMOS A CARA

PREME NA IMAXE E GOZA COAS FOTOGRAFÍAS DO MAGOSTO

 

MOITAS GRAZAS, FAMILIAS COLABORADORAS!

MOITAS GRAZAS, ANPA!


xoves, 9 de novembro de 2023

luns, 6 de novembro de 2023

TRABALLAMOS OS ODS

 

Este curso, relacionamos tódalas actividades cos ODS. Elaboramos con táboas de madeira un mural para que tódolos nenos e nenas coñezan os 17 obxectivos de desenvolvemento sostible.