Paneis, abellas e cera... un planeta cheo de vida.
O profe Juan, trouxo da súa casa paneis e cera das abellas para que o alumnado comprendera o ciclo de vida das abellas. dende o ovo ata a abella adulta, e como traballan para producir mel e cera. Ademáis, tentou explicarlles a importancia que teñen as abellas na polinización e como contribúen á biodiversidade, e á produción de alimentos. Por iso son moi importantes nos nosos ecosistemas. Por outra banda, traballou o proceso d extracción e manipulación da cera.
Ensinoulles que os panais están cubertos con unha capa fina de cera que se debe eliminar antes de extraer o mel. Este proceso chámase desoperculado e realízase con coitelos ou desoperculadoras especiais. Logo o mel extráese mediante unha centrifugadora chamada extractor de mel. Os panais colócanse no extractor e xíranse para que o mel saia sen danar a cera.
A cera residual que queda nos panais pode recuperarse fundíndoa. Isto faise quentando a cera a unha temperatura moderada, normalmente nun baño maría, para evitar queimaduras. A cera líquida pódese colar para eliminar as impurezas.
Unha vez líquida e limpa, a cera vértese en moldes para formar bloques ou láminas que poden usarse máis tarde para diferentes fins.
Todo este proceso levouno a cabo no laboratorio das artes e das ciencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario