PAGINA

venres, 29 de decembro de 2023

GAÑADORES DA ESCOLA NO CONCURSO DE DEBUXO "VIDA SOSTIBLE"

Dende a aula de plástica participamos no concurso de debuxo "VIda Sostible" organizado polo xornal Atlántico Diario e Fomento de Cosntruccións e Contratas (FCC). O tema do debuxo foi "VIgo, a cidade máis limpa de España"

A través do suplemento educativo Xornal Escolar, os debuxos foron valorados por un xurado que elexiu aos gañadores.

A entrega de premios levouse a cabo no Auditorio Mar de Vigo. Na entrega, estivo presente o Alcalde Abel Caballero, a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, e pola  representante en Vigo de Fomento de Construccions e Contratas (FCC), Mabel Ayo.

Noraboa a Mar, Cloe, Breogán, Uxía,  Olivia e Mia.

 

DECORAMOS A PÉRGOLA DE BOUZAS. COLABORAMOS COA ASOCIACIÓN CULTURAL VILA DE BOUZAS

 

Hoxe, e segundo o acordado coa Asociación Cultural Vila de Bouzas, o alumnado de Infantil, primeiro e segundo curso de Primaria fixemos unha saída ao noso barrio de Bouzas.  Estivemos decorando a pérgola cos adornos feitos por nós. Tamén fixemos un percorrido polo barrio e miramos as fermosas decoracións do Nadal das casas.






 

luns, 11 de decembro de 2023

POSTAIS CON MENSAXES ECOLÓXICAS

 O alumnado, elaborou unhas postais  de Nadal, no que pedían mensaxes relacionadas cos distintos Obxectivos Sostibles.





martes, 5 de decembro de 2023

ÁRBORE CREATIVA

 Unha proposta,

 

 un gran traballo colaborativo.

 Grazas, familias!

sábado, 2 de decembro de 2023

PANEIS, ABELLAS E CERA

 Paneis, abellas e cera... un planeta cheo de vida.


O profe Juan, trouxo da súa casa paneis e cera das abellas para que o alumnado comprendera o ciclo de vida das abellas.  dende   o ovo ata a abella adulta, e como traballan para producir mel e cera. Ademáis, tentou explicarlles a importancia que teñen as abellas na polinización e como contribúen á biodiversidade, e á produción de alimentos. Por iso son moi importantes nos nosos ecosistemas. Por outra banda, traballou o proceso d extracción e manipulación da cera.

 Ensinoulles que os panais están cubertos con unha capa fina de cera que se debe eliminar antes de extraer o mel. Este proceso chámase desoperculado e realízase con coitelos ou desoperculadoras especiais. Logo o mel extráese mediante unha centrifugadora chamada extractor de mel. Os panais colócanse no extractor e xíranse para que o mel saia sen danar a cera.

A cera residual que queda nos panais pode recuperarse fundíndoa. Isto faise quentando a cera a unha temperatura moderada, normalmente nun baño maría, para evitar queimaduras. A cera líquida pódese colar para eliminar as impurezas.

 Unha vez líquida e limpa, a cera vértese en moldes para formar bloques ou láminas que poden usarse máis tarde para diferentes fins.

Todo este proceso levouno a cabo no laboratorio das artes e das ciencias.