María Campos e Carlos Yus, Migallas, acompañaronnos na xornada de hoxe na escola o espectáculo “Brincadeiras da lingua”.
Con eles a rapazada da escola gozou moitísimo e coñeceron a gran riqueza da nosa lingua, traballando ditos e recitados da cultura oral galega e da literatura popular.
Estos ditos pasan de xeración en xeración, de familia a familia. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques fixeron que o alumnado pasara unha mañá moi divertida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario