PAGINA

venres, 1 de abril de 2022

HOXE VISITOUNOS A ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ COSTA

Comeza o mes de abril, comeza o mes dos libros. Mañá día 2 celébrase o DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. Na escola temos unha visita moi especial para celebralo:

 TERESA GONZÁLEZ COSTA



 Teresa González Costa, escritora de libros tan importantes como:

  • "A filla do ladrón e bicicletas"
  • "A memoria dos Paxaros"
  • "A nena e o monstro e o mar"
  • "Pingueiras e tarteiras"
  • "A noite das bicicletas"
  • "Eu, pel"
  • "Fred Quincalla, o nómade do mar"
  • "Sempre quixen bailar un tango"
  • "Unha abella máxica no camiño", entre outros.

Teresa falou coa rapazada do libro "Unha abella máxica no camiño" e comentaron ilustracións, trama, desenlace,... Poderá escribir unha continuación a este libro?.

Teresa asinou no libro de visitas ilustres da nosa biblioteca e nos escribiu a cada un de nós unha dedicatoria no libro.

GRAZAS TERESA E GRAZAS XERAIS POLA VISITA!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario