PAGINA

mércores, 14 de abril de 2021

VISITAMOS A NOSA PRADEIRA MARIÑA

 

Hoxe mércores, o alumnado do quinto e sexto curso de primaria levamos a cabo unha saída didáctica á praia do Adro dentro do proxecto de Padreiras Mariñas, Tesouros da Biodiversidade.
 
 
 
Grazas ao Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, CEIDA, sito en Oleiros, aprendemos a coidar o medio ambiente e a facernos expertos deste campo que case non coñece ninguén.
 
 
Baixamos cedo, para aproveitar o bo tempo e debuxar rodeados da natureza, eleximos a perspectiva que máis nos gustou e ... moitas obras de arte xorden  desta iniciativa.
 
 
Ás 11.30 quedaramos con Verónica, Flor, Vero e Sergi, os nosos guías de aprendizaxe. Xa  no primeiro trimestre, foramos á praia e iniciaramos o noso proceso de investigación coa súa axuda. 
 
 
 
O  obxectivo do día de hoxe foi facer un seguimento científico do estado da "nosa pradeira mariña". Distribuímonos en equipos de traballo para analizar a evolución das Zosteras, a fauna e a flora, analizamos os datos e finalmente realizamos unha avaliación conxunta da actividade. 
 
 
 
 
 
 
 
 Atopamos flores na Zostera costeira! 
 
 
 Que ben o pasamos!, por certo, botamos de menos os bañadores. O próximo día seguro que os levamos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario