Hoxe sentimos morriña; botamos en falta, a festa, os maios, o baile das fitas, ... no 2021, celebrarémolo xuntos. Hoxe imos rememorar o vivido no curso pasado. Temos a sorte de contar co vídeo dunha familia que presenta o seu particular baile das fitas en arredor do maio.
A nós gustounos moito, esperamos que a vós tamén.
Volvendo ao día das letras, deixámosvos un dos libros de Carvalho Calero máis acaído para os nosos cativos, “As Pitas Baixo a Choiva”, que comparte con nós a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
O CONTO:
Relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato conto, de balde (a través desta plataforma) e cedido por Ed. Embora
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario