A nai de Antón, Sonia
veu contarnos o que foi facer a Serra Leona hai unhas semanas. Amosounos onde
está e como é a vida nesa zona: como son as casas, os alimentos, os seus
costumes e as súas músicas. Sabiades que os nenos de Serra Leona son coma nós?
So pensan en xogar e pasalo ben; aínda que eles xogan máis fóra da casa e en grandes
grupos. E o que máis
lles gusta é bailar!
Tamén falamos dos 17
obxectivos de desenvolvemento sostible para o 2030 e en particular do 7 e do
relacionado coa súa labor en África: a enerxía sostible. O 86% da poboación de
Serra Leona non ten acceso á enerxía. A organización coa que traballa (UNOPS) está
a instalar placas solares para que poidan funcionar os 44 centros de saúde nas
zonas rurais.
PREME NA IMAXE PARA VER FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE |
Ningún comentario:
Publicar un comentario