PAGINA

venres, 28 de febreiro de 2020

LIMPAMOS O MONTE: PARQUE FORESTAL MARUXENTO EN MATAMÁ

O alumnado do quinto curso de infantil, acompañado de todo o alumnado e profesorado de educación primaria viviron hoxe unha xornada moi especial no Parque Maruxento.


Entre todos e coa axuda do Colectivo Cultural Malaherba, fixemos unha limpeza de eucaliptos no monte forestal de Matamá e levamos a cabo a plantación de sobreiras, carballos e acivros.
Esta área recreativa de Matamá está a tan só dez quilómetros da nosa escola. Nela poidemos ver distintas árbores autóctonas, gozar dunhas fermosas vistas e merendar ao carón das mesas e barbacoas. 

Gozamos dunha xornada de bo tempo e contacto coa natureza. 
Querémos recuperar o noso monte!
E... ademáis,  pasámolo xenial!! 

venres, 21 de febreiro de 2020

PASARRÚAS DE ENTROIDO

Por fin chegou o día,... logo de moitos días de traballo tivo lugar o pasarrúas de entroido, un entroido moi especial pois no cruzamento da Rúa Marín con Tomás Paredes, incorporabanse ao noso desfile o alumnado e profesorado do centro San Francisco. Traballaron arreo para ir ataviados coas mellores galas, un entroido inclusivo moi ecolóxico. Unha fermosa experiencia que é a primeira pero seguro que non será a última. Moitos veciños aplaudindo ao noso paso e agardando na alameda. Fermosa  soleada mañá para a convivencia.

PREME NA IMAXE PARA GOZAR DE DISTINTOS MOMENTOS DO ENTROIDO



Tralo pasarrúas, xuizo do meco, degustación de sobremesas e... festa rachada.




Grazas a todos pola vosa colaboración.
En breve subimos máis cousas da festa de hoxe. Tede paciencia.

martes, 18 de febreiro de 2020

OS MANDADIÑOS DO MECO

As festas preferidas de nenos e nenas xa están aquí. Dímoslle  a benvida  ao noso Meco D. Escaralla -Planeta.
El é quen manda e ordena e ao longo da semana tivemos que obedecer, cola no cú, tapas nas cabezas, colar de cousas de refugallo no pescozo, e cousas das paredes no lombo,... Este home deu quebradeiros de cabeza, e aqueles que non obedeceron levaron castigos de mañanciña.



luns, 17 de febreiro de 2020

PROGRAMA DE ENTROIDO

Levamos tempo artellando os disfraces de entroido con material de refugallo, imos sorprendervos!.
Este ano ademáis vai ser un entroido inclusivo, pois nos acompañarán no pasarrúas os alumnos do centro de ensino C.E.E.P.R. San Francisco, que tamén están convidados a asistir ao xuízo do Meco e á posterior festa.




 

sábado, 15 de febreiro de 2020

VISITAS Á BIBLIOTECA PÚBLICA JUAN CAMPAñEL

O alumnado do cuarto e sexto curso de educacion infantil e os de primeiro, cerceiro e sexto cursos de primaria, en varias sesións de traballo visitaron a biblioteca pública Juan Campañel, na que puideron coñecer os distintos espazos e servizos que nos ofrece. Foi unha xornada moi interesante que complementa os coñecementos sobre un espazo tan importante para a sociedade.

mércores, 12 de febreiro de 2020

NAIS CIENTÍFICAS QUE TRABALLAN EN PROL DO PLANETA



A nai de Antón, Sonia veu contarnos o que foi facer a Serra Leona hai unhas semanas. Amosounos onde está e como é a vida nesa zona: como son as casas, os alimentos, os seus costumes e as súas músicas. Sabiades que os nenos de Serra Leona son coma nós? So pensan en xogar e pasalo ben; aínda que eles xogan máis fóra da casa e en grandes grupos. E o que máis lles gusta é bailar!

Tamén falamos dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible para o 2030 e en particular do 7 e do relacionado coa súa labor en África: a enerxía sostible. O 86% da poboación de Serra Leona non ten acceso á enerxía. A organización coa que traballa (UNOPS) está a instalar placas solares para que poidan funcionar os 44 centros de saúde nas zonas rurais.
PREME NA IMAXE PARA VER FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE


martes, 11 de febreiro de 2020

11 DE FEBREIRO DIA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O alumnado de 6º de primaria da escola  dobrou ao galego, o curso pasado, este video no que se visibilizan 12 MULLERES CIENTÍFICAS en diferentes campos e de diferentes épocas que abriron o camiño  da ciencia para todos e todas . Agardamos que servan de modelo para outras que virán.


luns, 10 de febreiro de 2020

OBRADOIRO O MAR NO CAMIÑO



Os nenos e nenas de 2º tivemos a sorte de disfrutar deste obradoiro da man da Fundación para a Pesca e o Marisqueo Fundamar. Primeiro escoitamos as aventuras de catro personaxes moi simpáticos que deciden facer o camiño de Santiago. Despois, por grupos fixemos unha actividade de papiroflexia dirixida por  MIMADRIÑA, (educadora social, recoñecida polos seus traballos de artesanía en origami) que poderedes visitar nun par de meses no M
PREME NA IMAXE PARA GOZAR DAS IMAXES DO OBRADOIRO
useo do Mar de Vigo. 

venres, 7 de febreiro de 2020

OBRADOIRO, APRENDEMOS A PODAR



Dentro das actividades do Proxecto anual, o alumnado de 5º de Ed. Primaria iniciámonos no traballo da poda de árbores froiteiras. Aproveitamos os coñecementos de Emilio Pérez, que amablemente viu a axudarnos e que nos guiou nesta tarefa seguindo as seguintes pautas:
 
- Levar sempre luvas para protexermos as mans.
- Ter as ferramentas ben afiadas (tesoiras e serra)
- Temos que imaxinar como queremos que medre a árbore, para darlle a forma que nos interese.
- Non cortar nunca á beira dunha póla nova, sempre no medio da máis grosa.
- A mellor época para podar é no inverno, cando non chova. 
- O mellor tempo para podar é en cuarto minguante para que non sufran as árbores.
 
Emilio tamén nos recomendou facer a poda na fase lunar de cuarto minguante, para reducir o sufrimento da árbore por mor da poda.
A experiencia foi moi divertida. Agardamos non esquecer o aprendido para a poda do próximo ano!



SE QUERES VER COMO O FIXEMOS, PREME NA IMAXE.