PAGINA

venres, 20 de decembro de 2019

FESTIVAL DE NADAL 2019


Chegou o día.. Logo de moitos ensaios, hoxe tocou actuar diante dun público moi especial, as nosas familias. Esperamos que fose do voso agrado.
 Nós pasámolo moi ben!
Unha mágoa a choiva que fixo que as nosas tradicionais badaladas non poidesen ser no exterior, a pesares diso, bailamos sen parar.
Agradecer á ANPA a súa colaboración para que todo saíse fenomenal. Grazas, polo chocolate con churros, grazas polas uvas,...

Comezamos o día, coa visita do paxe real. 
PREME  NA IMAXE PARA GOZAR COAS IMAXES DO DÍA DE HOXE







 A continuación, deu comezo o festival, presenta o alumnado do sexto curso de primaria,


Abren o festival os máis cativos da escola, 4º EI.



Seguíronlle os de 5º EI



e para finalizar, os ECO-ELFOS DE 6º EI.



A continuación o alumnado do primeiro curso de primaria cantaron unha panxoliña coñecida por todos.



e finalizaron esta parte do festival o alumnado do segundo curso de primaria cunha obriña de teatro titulada "Os ratos e a montaña"







Chegado o descanso a ANPA ofreceu a mestres e alumnos un chocolate con churros e gozamos dun merecido tempo de lecer.
Retomouse o festival dun xeito moi festivo, o alumnado do terceiro curso cantou unha animosa panxoliña, 



os de cuarto, bailaron un hip-hop



e os de quinto, representaron unha obriña de teatro do seu mestre Juan.





Para rematar, os nenos e nenas do sexto curso cantaron unha panxoliña en inglés, demostrando que somos unha escola plurilingüe.



So restaron as badaladas para dar a benvida ao ano 2020 e o baile final.



Pasámolo moi ben!
Agora é tempo de descanso, xogo e lectura. Tempo para gozar en familia, tempo para estar coas amizades...
Vós esperamos o vindeiro 8 de xaneiro.
Felices festas!

luns, 16 de decembro de 2019

POSTAL DE NADAL

Horas de traballo foron invertidas polo noso alumnado no deseño da postal de Nadal. Unha vez rematados os deseños, o profesorado fai unha preselección que é votada polo alumnado do sexto curso de educación infantil e a totalidade do de primaria.
Os gañadores do concurso, teñen como premio, que a súa postal sexa enviada a todos os membros da comunidade educativa. Por decisión maioritaria son:

DANIEL SOBRINO, SEXTO CURSO DE PRIMARIA
GABRIEL SANTOMÉ, CUARTO CURSO DE PRIMARIA
ANTÓN RAMOS, SEGUNDO CURSO DE PRIMARIA

IRIA ENRIQUEZ, SEXTO CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL








mércores, 11 de decembro de 2019

ÁRBORE DE NADAL COLABORATIVA

A nosa árbore de Nadal xa está rematada grazas a colaboración de tod@s, en especial, grazas, a un pequeno grupo de nais que estivo hoxe traballando arreo para poder rematala.
BO NADAL!

mércores, 27 de novembro de 2019

I CONCURSO FOTOGRÁFICO: NATUREZA E MEDIO AMBIENTE

Esta  actividade comezou o pasado mes de outono, xa quedan poucos días para que remate a vosa participación no concurso. Lembrade que a derradeira data dpara entregar fotografías é o día 21 de nadal.
Esta actividade é moi sinxela de facer, polo que participar é divertido. Tedes que utilizar unha cámara de video, teléfono móbil ou tablet, disparar unha imaxe e acompañala dun lema en galego que axude a espertar a conciencia ambiental.
As bases de participación son as que seguen: 

luns, 25 de novembro de 2019

CONMEMORACIÓN DUN DÍA INTERNACIONAL

Hoxe na escola, tivo lugar un pequeno acto para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller (establecido pola ONU o 17 de  nadal do 1999). Xuntámonos todos no patio de infantil, para escoitar un pequeno texto lido polo alumnado de 6º  de primaria; era  o retrouso da canción "Ella" de Bebe.

"Hoxe descubrirás que o mundo é só para ti.
Que ninguén pode facerte dano.
Hoxe vas comprender que o medo pódese romper dunha soa portada.
Hoxe vas facer rir.
Porque os teus ollos cansáronse de ser pranto"

Ao tempo que soaba a canción, o alumnado colgou dunha árbore seca da horta, lazos morados como símbolo reivindicativo e  como xeito de expresar o apoio á igualdade de dereitos a nivel social e laboral. Ó uso da cor morada como símbolo da loita feminista, adoptouse a partires do 1908, cando se comezou a usar en defensa do voto feminino.

venres, 22 de novembro de 2019

PLAN PROXECTA: A COMPOSTAXE.

Hoxe tivemos a sorte de contar na escola con INÉS; ela foi a monitora do obradoiro de compostaxe. Os mestres inscribironse no Plan Proxecta: Recicla con Sogama, sendo un dos 25 centros seleccionados pola Consellería para participar neste programa.
Coa nosa participación, pretendemos que a recollida do lixo sexa selectiva e que toda a Comunidade Educativa coñeza os tres erres: redución, reutilización e reciclaxe.

Inés  axudounos a comprender o proceso da compostaxe.
Nesta formación inicial, a educadora, explicou ao alumnado a cadea alimentaria, logo,  experimentaron e buscaron miñocas en bandexas de compost, e fixeron  unhas boliñas con sementes para botar polo terreo aló pola primavera. 


Máis tarde, nun momento no que cesou a choiva, saímos á horta para colocar as composteiras. Explicáronnos como se ten que compostar para logo botalo na horta. 



xoves, 21 de novembro de 2019

ESCOLA ECO-LÓXICA





 
Logo de moitos días de traballo, por fin temos o mural do tema anual rematado. 
Canto traballo nós deu! 
e  sobre todo...
 canto nos fai reflexionar a imaxe!

TEATRO "CATRO MONOS"

Todo o alumnado de educación primaria asistiu, ao longo desta semana, ao Auditorio do Concello para asistir como público á obra de teatro "Catro Monos" dentro da campaña "IMPÓRTANOS".

Esta obra de teatro, da Compañía  Tropa de Trapo achegounos a valores e comportamentos tan importantes como a cooperación e a solidariedade. A obra consta de catro pequenas historias que fan reflexionar sobre como nos relacionamos entre nós e co medio.
Pasámolo moi ben!



mércores, 20 de novembro de 2019

XORNADAS DE FORMACIÓN PARA O ALUMNADO

A ANPA da escola ofreceu esta semana uns obradoiros de formación do alumnado sobre o tratamento educativo da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas.
Levouse a cabo unha sesión por nivel para tratar os seguintes obxectivos:
  • Previr o acoso entre iguais, o sexismo e a homofobia dende as primeiras idades.
  • Favorecer o respecto ás diferenzas persoais e familiares.
  • Favorecer o coñecemento  e o respecto dos dereitos humanos
  • Atender a diversidade afectiva e sexual do alumnado e das súas familias.
 

luns, 18 de novembro de 2019

SEMANA EUROPEA DA PREVENCIÓN DE RESIDUOS

Do 16 ao 24 de novembro celébrase a SEMANA EUROPEA DA PREVENCIÓN DE RESIDUOS.
Na campaña de SOGAMA,  informannos de  que o mellor residuo é o que non se produce. Se cambiamos os nosos hábitos podemos diminuir a produción de refugallos.
Na escola, para celebralo, comezamos a traballar no proxecto: 
"Patrulla eco-lóxica do Resío" 
Aquí temos á primeira patrulla:



Estas patrullas encárganse de vixilar a produción de refugallos e o seu correcto tratamento, orientando ao alumnado sobre o contedor a usar para cada un así como de concienciar da importancia de reducir os resíduos dos petiscos e  manter as instalacións limpas e en orde.
                        Bo traballo!


venres, 15 de novembro de 2019

CHARLA DA POLICIA NACIONAL, O ACOSO ESCOLAR.

Hoxe contamos coa presencia na escola da Policía Nacional para falar con nós sobre o acoso escolar.
Moi boa a charla, e moi bos consellos para o alumnado.

martes, 12 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Preme na imaxe para gozar con todas as fotos do evento
Hoxe tivo lugar a tradicional festa do magosto. O alumnado durante as dúas primeras sesións estiveron cos seus titores para traballar aspectos culturais e tradicionais da festa. Namentras, uns entusiastas colaboradores axudaron a ataniscar ou amosegar as castañas, facer os cornetes e preparar a zona de traballo da Señora Maruxa, a castañeira.


 Dúas grandes axudantes tivo Señora Maruxa, Emma e Alba, traballaron arreo para que todo estivese a punto. O asador non tivo parada.
 Mentras tanto o alumnado, dividido por etapas, gozou de distintos obradoiros. En educación infantil, debuxaron o magosto, xogaron ao tragacastañas, fixeron un circuíto de castañas e estiveron nun obradoiro de pintacaras.

En primaria,  fixeron carreiras de sacos, tiro de corda, peóns, castaña na fronte, billarda, Zancos, Golf-castaña e o Rap do Magosto.
Por mor da choiva todas as actividades foron no interior.


Rematados os obradoiros, tocou papar as castañas e bailar. 
Se premes na imaxe poderás ver fotografías da etapa de educación infantil

Grazas a todos este Magosto foi posible!

domingo, 10 de novembro de 2019

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN CON MATERIAIS DE REFUGALLO

O pasado venres  8, grazas á colaboración económica da ANPA da escola, tivemos a sorte de contar con Diddier, un percusionista que desenvolveu co alumnado do cuarto, quinto e sexto cursos de primaria, dous obradoiros de ECOPERCUSIÓN, con materiais de refugallo. Traballaron os ritmos, e dividíronse en planos sonoros. Tras o ensaio, os alumn@s, dirixidos por Diddier,  conformaron unha banda de percusión que  ofreceu, como  colofón,  unha actuación para  o resto do alumnado da escola. Isto é música!
Como explicar a actividade é complicado, subimos un par de gravacións coas actuacións.


sábado, 2 de novembro de 2019

A CANCIÓN DOS ESQUELETOS

Como vén sendo habitual, antes da exposición pública dos microrelatos de medo e da entrega de premios, o alumnado do quinto e sexto cursos de primaria interpreta unha  terrorífica canción  para todos os grupos da escola.
Moi bo traballo!

xoves, 31 de outubro de 2019

MICRORELATOS DE MEDO

Logo da convocatoria a todo o alumnado e as familias, a participación no concurso de "Microrrelatos de medo" foi espléndida. Agora chega o  momento da valoración dos audios e dos vídeos.
 Grazas a todos por participares!
- As categorías establecidas foron:
 "FAMILIAS"
  • VIDEOS
PRIMEIRO PREMIO, FAMILIA ELOY E IRIA ENRÍQUEZ RODRÍGUEZ


SEGUNDO PREMIO, FAMILIA LÍA RIAL RODRÍGUEZ

TERCEIRO PREMIO (ex aequo), FAMILIA FERNÁNDEZ VEIGA E FAMILIA DOCAMPO ESCOBAR


 

  • AUDIOS
PRIMEIRO PREMIO,  CRISTIAN E REBECA LÓPEZ CANDA
https://drive.google.com/open?id=1vdSS8_syyXOeq8vijv1HhUFGf7Xjj3m4
PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR O MICRORELATO

SEGUNDO PREMIO, JULIA E LUCAS RODRÍGUEZ PEQUEÑO
https://drive.google.com/open?id=1LFmHI14e6B_Tc3OLbBRO_TdnCiVV_dFA
PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR O MICRORELATO
TERCEIRO PREMIO, XOEL DE LERA REGUEIRA
https://drive.google.com/open?id=1hljvcDke2SIiVgUpKNGXDbuMkMgredZz
PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR O MICRORELATO
 

"ALUMN@"
  • VIDEOS
 PRIMEIRO PREMIO, CARMEN VARELA DOMÍNGUEZ



SEGUNDO PREMIO, LEO PUENTE GONZÁLEZ

TERCEIRO PREMIO, MATEO CABRERA CHAPELA


  • AUDIOS 
PRIMEIRO PREMIO,  XIANA GONZÁLEZ SÁNCHEZ
https://drive.google.com/open?id=1CRE7WTSzEqdSp1cCdTOHHogiiZDldr7T
PREMA NA IMAXE PARA ESCOITAR O AUDIO


SEGUNDO PREMIO, XAQUIN MAYO SÁNCHEZ
https://drive.google.com/open?id=1Twys3PCH6Oc7egr_h4uE5fvx2ppAt66Y
PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR O MICRORELATO
TERCEIRO PREMIO, IKER LORENZO IGLESIAS
https://drive.google.com/open?id=1jFGirV6gzStDgQMae-UJYA6tzwiWIZ2x
PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR O MICRORELATO


Os seus autores recibiron un premio horripilante e monstroso.

mércores, 30 de outubro de 2019

CABAZAS, BRUXAS, ESQUELETOS, ARAÑAS,... O SAMAÍN NO RESÍO

A entrada da escola está  as escuras, lápidas, árbores terroríficas, ...
Un bambán cun esqueleto non para de moverse,...
Bruxas, moitas bruxas.
Cabazas de todas as cores.
E os mestres,...
Os mestres non parecen mestres, son bruxas, pallasos,...
Os alumn@s,...
Os alumn@s, non parecen alumnos, vestidos de medo están.
https://photos.app.goo.gl/m6HwUC2cp1LDs9nZ6
PREME NA IMAXE PARA GOZAR DE MOMENTOS DO DÍA DE HOXE



xoves, 24 de outubro de 2019

24 OUTONO, DÍA DA BIBLIOTECA

Como nos últimos anos, na escola conmemoramos o Día da Biblioteca
Por mor do tempo, o acto desenvolveuse no ximnasio. Todo o alumnado xunto cos mestres, esperaban a ansiada visita da nosa mascota, Picolindo.
 Chegou envolto dunha salva de palmas, cunha capa e un antiface verde, para lembrarnos que este ano somos unha escola ECO-LÓXICA
Trouxo a arca das novidades repleta de libros novos e ecolóxicos e un carriño coas mochilas viaxeiras. No presente curso escolar, ademáis, teremos unha mochila ECO-LÓXICA, chea de xogos, experiencias, receitas, libros, e material experimental para gozar da ecoloxía en familia.
Fixo entrega das carpetas e carnets ao novo alumnado.
Para despedirnos, cantamoslle a canción de TIC-TAC "Imos a contar un conto".
Moi ledo polo recibimento,  despediuse de nós, con apertas e fotos.
PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS DO EVENTO

GRAZAS PICOLINDO!

luns, 21 de outubro de 2019

33,85 KG

A vida na Terra depende dos animais, as plantas e os océanos. Os humanos non coidamos a natureza. Contaminamos a auga ou a praia ao tirar resíduos nelas. Ao facelo poñemos en perigo os animais e as plantas.

Hoxe pasamos unha mañá moi divertida na praia. Se a nosa praia está limpa, podemos xogar nela e bañarnos no mar, gozando da beleza do fondo mariño. 
Estivemos 90 minutos limpando e recollendo latas, envoltorios, bolsas de plástico, metais, madeiras e residuos orgánicos. 

Coa axuda dos mestres, clasificamos os resíduos e pesamos todo o recollido.

Imaxinades cantos kilos de lixo recollemos?
Entre todos recollemos  33,85 kg! 
É un montón de lixo!
A nosa praia xa está máis limpa!

 PREME NA IMAXE PARA GOZAR DAS FOTOGRAFÍAS

venres, 18 de outubro de 2019

LIMPAMOS A NOSA PRAIA

O vindeiro luns 21 de outono, tentaremos de novo realizar a saída didáctica á praia de Bouzas. O  alumnado do quinto curso de infantil e toda a primaria  levará a cabo a limpeza na praia de Bouzas.  Esta saída insírese dentro do proxecto anual ESCOLA ECO-LÓXICA.

VISITA AO PAZO DO HÓRREO

O alumnado de 5° e 6° de primaria visitou o Parlamento de Galicia. Coñeceron de primeira man o lugar onde traballan os deputados e deputadas, as súas instalacións e mesmo o Salón de Plenos, onde tomaron a palabra para falar de temas como:
  • A igualdade de xénero
  • A construción ecolóxica de escolas
  • O cambio de nome do noso centro.
Espuxeron os seus alegatos entre os aplausos da concorrencia.












xoves, 17 de outubro de 2019

MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS

APRENDEMOS COAS REGLETAS CUISENAIRE
Na clase de 1º coa axuda da profe Jenny, levamos uns días aprendendo a sumar coas regletas Cuisenaire.
Desde éxito iniciámonos no cálculo dun éxito maís entretido e estimulando a nosa memoria visual.

 PREME NA IMAXE

domingo, 13 de outubro de 2019

venres, 4 de outubro de 2019

ESTAMOS DE NORABOA. SOMOS UNHA BIBLIOTECA CREATIVA

Somos un dos centros seleccionados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos na Resolución de 3 de outubro de 2019 , pola que nos incorporamos ao programa piloto "Biblioteca Creativa".
Este programa está dirixido a apoiar a cultura da experimentación, da investigación e a creación introducíndonos no mundo da robótica e da linguaxe de programación.


ANPA OS IRMANDIÑOS, EDUCANDO EN IGUALDADE

GRAZAS!
A ANPA da escola está a traballar a prol da igualdade. Os mestres agradecemos o apoio prestado e animamos a traballar deste xeito tan innovador. As familias deben reponder agora a esta fermosa iniciativa. Encántanos esta ESCOLA DE PAIS E NAIS!
 Este é o cartaz da charla do vindeiro martes día 15.
Animádevos a participar!
Máis información na seguinte ligazón


mércores, 2 de outubro de 2019

SAÍMOS A UN HIPERMERCADO

O alumnado o primeiro curso de primaria, fixeron a súa primeira saída en Primaria. Pasamolo xenial co noso "disfraz". Estivemos paseando por todo o hipermercado e... logo visitamos a zona onde cortan e envasan a carne, na zona da panadaría e pastalaría vendo como fan o pan, as zonas de envasado e finalmente gozamos unha merendola coa que este centro comercial nos agasallou. 
Moi felices nesta primeira saída!

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS

venres, 27 de setembro de 2019

VENRES 27 : AMOSAMOS A NOSA PREOCUPACIÓN POLO PLANETA




 Hoxe venres 27, ás 12h. na pista cuberta os mestres e os nenos mobilizáronse polo clima. Tivo lugar un acto onde, acompañados polos cartaces feitos o xoves nas aulas, cantaron xuntos unha canción.



Se queres ver máis momentos do evento preme na imaxe.
https://photos.app.goo.gl/x7FZ21ucQNmtjmvW7

Agora, un video para reflexionar,



Outro vídeo, preme na imaxe
https://photos.google.com/share/AF1QipOgBOF99j4XqvSoujCw7NQ5MoJMRjsfsL2jZXRjDhuCoMuQIZh3F2y4qHbEU0Yb1g/photo/AF1QipPKXvM-B-gfplyt81S3pT0AzHrq3c2ZwYSP-nln?key=OFAtSDlIYTFsRG5hN2dzblpTcDFtODNvV21xc3Nn


xoves, 26 de setembro de 2019

XOVES 26: ELABORAMOS CARTACES NAS AULAS SOBRE O CLIMA

En tódalas aulas da escola, o alumnado acompañado polo profesorado elaboraron diferentes cartaces na defensa do clima.