Hoxe foi un día moi emotivo, por unha banda graduabanse os pequen@s de sexto de educación infantil, que rematan unha etapa fermosa na súa vida e que en setembro comezan en primaria, e por outra banda, os alumn@s de sexto de primaria, que logo de nove cursos, abandonan a escola para achegarse ao instituto. Esperamos que continúen a traballar e a ser tan boas persoas como o son agora.
Comezamos pola actuación dos pequen@s que nos cantaban unha bamba moi particular.
Logo, a profe Eva entregoulles o diploma e orla da etapa.
Tiraron os birretes ao aire,...
e os nen@ de sexto fixeron entrega do legón e a escritura da horta que coidarán ao longo destes seis anos que durará o seu ensino primario.
A continuación foi a quenda do alumnado de sexto, representaron a obriña "12 anos para sempre"
O seu titor, entregoulles unha orla, lanzaron os seus birretes,...
e a pesar de entregar panos, chegoulles a emoción e...
Logo reflexionaron e gozaron da festa.
Se premedes na imaxe podedes ver todas as do acto do día de hoxe.
O alumnado despediu a profe máis antiga da escola, Rosa, que se xubila e agora gozará de todo o seu tempo para facer todo aquelo que desexe.
Sorte Rosa nesta nova etapa da túa vida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario