Hoxe, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019, no que o protagonista foi ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS. Nas alulas coñecemos a súa vida e traxectoria profesional. Descubrimos que foi escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo que dedicou a súa vida ao estudo da cultura e da terra galega.
Formou parate da Real Academía Galega, ocupando o asento de Castelao.
Fixemos dous murais, un retrato e outro baseabase na obra Peregrina e o insólito"caso Antón Fraguas"
Nesta xornada festiva tamén celebramos os Maios. De pampillos a ovos foron ensertados polos nenos e nenas nas aulas.
Logo, colocáronse no maio e cantamos a canción dos maios.
Finalmente, chegou a entrega de premios do concurso de ovos de pascua,
e para dar por rematada a festa, todos xuntos, acompañados polo profe Juan máis uns compañeiros de grupo, tivo lugar o baile das fitas polo alumnado do cuarto curso de primaria.
E como colofón de festa cantamos o himno galego.
Se queres ver máis imaxes do día de hoxe, preme na foto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario