PAGINA

venres, 31 de maio de 2019

ACTOS CONMEMORATIVOS 75 ANIVERSARIO: VENRES 31

 Os grandes protagonistas do acto do 75 aniversario da escola foron eles:

 

E por fin, chegou o día. Logo de tantos preparativos, e grazas a colaboración de tod@s, escenario, moqueta, bandeiras, cadeiras, bandeirolas, photocall, as nosas historias, e deixamos a nosa pegada, estaban listos. 
 


 

Contamos no ámbito institucional coa presenza do  alcalde, D. Abel Caballero, do Xefe Territorial, D. Cesar Pérez Ares, do inspector, D. Carlos Antuña, da concelleira de educación,  Dna. Olga Alonso, da portavoz de FOANPAS, Dna. Bertila Fernández.



Todos eles deixaron a súa pegada.


 

O acto comezou cun minuto de silencio, en sinal de dó, polo falecemento na estrada de Teis de tres alumnos dun IES de Redondela.
 
A continuación abrimos o acto coa Benvida da directora, Dna. Ángela Novoa Blanco.




Continuamos coa actuación de Dna. Noelia Andrés Oliveira, exalumna da escola que se dedica ao baile profesionalmente. 




Logo foi a quenda do alcalde, D. Abel Caballero que antes de dar o seu descurso, aproveitou a ocasión para facer entrega do galardón de Vigueses distinguidos, á directora da escola, en presenza de gran parte da comunidade educativa.

 


 Despois do seu discurso, o alcalde, abandonou as instalacións da escola, e fixo a súa intervención Dna. Ángeles González, xerente da empresa Rogomovil Vigo SLU, e antiga alumna da escola.




E finalmente, foi a quenda de intervención do gran autor e monologuista, Candido Pazó, quen tamén foi alumno do Resío durante un curso escolar, o 1973/1974.



A continuación, a directora da escola fixo entrega dun agasallo conmemorativo a tódalas autoridades presentes, Concello de Vigo, Inspección Educativa, Xefatura Territorial, Asociación Cultural Vila de Bouzas, Asociación de veciños de Bouzas, Foanpas e Anpa Os Irmandiños.


Para finalizar o acto, o Xefe Territorial, D. Cesar Pérez Ares, pronunciou unha verbas e impuxo a insignia da escola o tódolos mestres e mestras e tamén a nosa mascota, Picolindo.



Para finalizar o acto, o profesorado mailo alumnado tiñan preparada unha gran sorpresa: Unha fermosa cantiga sobre a escola.  


xoves, 30 de maio de 2019

ACTOS CONMEMORATIVOS 75 ANIVERSARIO, XOVES 30

Encadrada nos  actos da celebración do 75 aniversario da escola, esta mañá recibimos a visita de Puri Perez Leirós autora do libro "Bouzas olladas salgadas ".
 Resultado de imagen de puri perez leirós
Esta compañeira de profesión, no seu faladoiro, contounos a todos a orixe de Bouzas, como pasou de ser unha pequena vila mariñeira a ter unha importante e ao tempo, innovadora industria conserveira. A nosa parroquia foi o primeiro lugar do mundo no que se fixo conserva de peixe. 

Logo falounos dos indianos, xente da nosa terra que tivo que emigrar a América e que, cos cartos que conseguiron, fixeron moitas cousas por Galicia. Máis de 400 escolas se construíron con eses cartos, nunha época que case non había escolas para o pobo. 
Tamén amosou fotos de como eran as escolas de Bouzas cando naceu o noso colexio , falounos de Don Antonio en Casino Martínez, de Dona Merceditas , de Dona Antonia... escolas de nenos e nenas separados por sexos.
 Foi un faladoiro moi interesante e ameno e estamos moi contentos e agradecidos pola súa colaboración coa nosa escola.
Logo, en diferentes obradoiros de trinta minutos de duración, todo o alumnado gozou da música tradicional.
Repartíronse cartóns en forma de pandeireta para que todos probaramos a tocar. E cantando a mesma copla foron tocando diversos instrumentos da "casa".
PREME NA IMAXE E GOZARÁS CON MÁIS FOTOS DO EVENTO.

luns, 27 de maio de 2019

domingo, 26 de maio de 2019

VOLVEN OS SCIENCETUBERS

ARIADNA PEREIRA, 4º CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL

venres, 24 de maio de 2019

O MISTERIO RESÓLVESE

Logo de comentarios, pescudas, hoxe tocou o descubrimento da camiseta do aniversario.
Gústavos?

luns, 20 de maio de 2019

xoves, 16 de maio de 2019

FESTEXAMOS NA ESCOLA: LETRAS GALEGAS E MAIOS




Bandera gallega


Hoxe, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019, no que o protagonista foi ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS. Nas alulas coñecemos a súa vida e traxectoria profesional. Descubrimos que foi escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo que dedicou a súa vida ao estudo da cultura e da terra galega.
Formou parate da Real Academía Galega, ocupando o asento de Castelao.
Fixemos dous murais, un retrato e outro baseabase na obra Peregrina e o insólito"caso Antón Fraguas"

Resultado de imagen de antón fraguas

Fixemos unha gymkana onde cun mapa e unhas pistas tivemos que investigar a resposta ás preguntas dadas e gañar cos nosos acertos as pezas do quebracabezas. Costounos moito pero co traballo e axuda de todos os membros do equico  fumos quen de deixalos feitos.
 







Nesta xornada festiva tamén celebramos os Maios. De pampillos a ovos foron ensertados polos nenos e nenas nas aulas.
 
Logo, colocáronse no maio e cantamos a canción dos maios.





Finalmente, chegou a entrega de premios do concurso de ovos de pascua, 

e para dar por rematada a festa, todos xuntos, acompañados polo profe Juan máis  uns compañeiros de grupo, tivo lugar o baile das fitas polo alumnado do cuarto curso de primaria.
 



E como colofón de festa cantamos o himno galego.


Se queres ver máis imaxes do día de hoxe, preme na foto. 
https://photos.app.goo.gl/fJRYR5KS1HLQvi4m7
PREME

venres, 3 de maio de 2019

FESTEXAMOS O NOSO ANIVERSARIO

Este curso celebramos o 75 aniversario da escola. Para festexalo, a semana do 27 ao 31 de maio estamos programando actos conmemorativos. Temos unha actividade sorpresa cos nenos e nenas da que non vos podemos dar detalles, pois deixaría de ser sorpresa. Para o mesmo precisamos que TODOS e TODAS, dispoñamos da camiseta conmemorativa.
Cal será o seu deseño?


Para esto contaremos coa colaboración da ANPA da escola. O prezo da mesma será entre 3,50€. So precisamos que a encarguedes, cubrindo o documento que levará o alumnado o luns e indicando a talla que precise o voso fillo. Tamén se farán camisetas para adultos. Todo aquel que queira unha, só ten que pasar por secretaría e encargala.
É importante que, o venres 10 todos os interesados teñan feito o encargo, senón no da tempo a que nolas fagan.

ACTOS 75 ANIVERSARIO: COMIDA DE CONFRATERNIZACIÓN

No marco da celebración do 75 aniversario da escola, o vindeiro venres día 31 de maio terá lugar unha comida de confraternización á que tod@s estades convidad@s.
Quen estea interesado en asistir, deberá reservar a súa praza e facer o pagamento correspondente.
Prazo para inscribirse ata o venres 24 de maio.
Lugar de inscrición, a secretaría da escola no horario establecido.
HABERÁ MENÚ INFANTIL.
Animádevos a compartir connoco esta celebración!
MENÚ ADULTO: 25€
MENÚ INFANTIL:12,50€

xoves, 2 de maio de 2019

VISITAMOS NATURNOVA

O alumnado de Educación Infantil visitou hoxe Naturnova e a sala de exposicións de Abanca. Gozaron moito coas actividades levadas a cabo.

PREME PARA VISUALIZAR MÁIS IMAXES