O alumnado de 4 e 5 anos participou nunha sesión de xogo con
pezas LEGO. As monitoras da devandita actividade trouxeron unhas caixas cheas
destas pezas, que motivaron a curiosidade e o interese dos cativos.
A continuación, e tras unha animación inicial, dividiron os nenos e
nenas en grupos para facer diferentes actividades (montar paisaxes e
personaxes a partir dos que inventar historias; recrear montaxes
ilustradas en diferentes láminas...). Todos e todas gozaron moito da
actividade e quedaron con ganas de máis.
O alumnado de primaria, empregando a aprendizaxe cooperativa, contou cuns obradoiros de LEGO Education Robotix. Estes obradoiros axudáronnos a preparar mellor ao noso alumnado, para o tema anual (A ciencia) e espertou neles o interese pola programación e a robótica.
Coa utilización dos compoñentes de LEGO EDUCATION o alumnado foi quen de resolver problemas, crear, reflexionar e deseñar gozando da gran ferramenta tecnolóxica que foi posta nas súas mans.

PREME NA IMAXE |
GRAZAS MANUEL!
Ningún comentario:
Publicar un comentario