PAGINA

venres, 25 de xaneiro de 2019

Día Escolar da NON VIOLENCIA e da paz

O 30 DE XANEIRO CELÉBRASE O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA
Estamos a preparar un acto co alumnado . De momento, invitamosvos a  coñecer e traballar na casa...
UNHA CANTIGA:
NO MUNDO  ( LUAR NA LUBRE)
 
 
No mundo hai tresousas que me poñen mal
As guerras, a fame e a desigualdad(e)
Non sexas pasivo e móvete xa
Ainda hai espranza, debemos loitar
Coas guerras fracasa a humanidad(e)
É unha constante de volta para atrás
Morte, enfermidades e desolación
Levántate, móvete e deixa o sillón
Da fame, queridos, que vos vou dicer
Milleiros de nenos non ten que comer
En Asia, América ou en Africa
Polo ben do mundo solidaridad(e)
En Asia, América ou en Africa
Polo ben do mundo......
Solidaridad(e)


UN PERSONAXE:
MARTIN LUTHER KING 
1929-1968
 Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1964.
 Resultado de imagen de MARTIN LUTHER KING
 Martin Luther King, nado en Atlanta  15 de xaneiro de 1929 e asasinado en Memphis o 4 de abril de 1968, foi un pastor evanxélico e activista político estadounidense. Foi un dos máis importantes líderes que loitou pola igualdade para a xente de cor. Así o dixo nun discurso que deu en 1963 titulado "I have a dream", que quere dicir "Teño un soño... soño que os meus catro fillos vivirán un día nun país no que non se xulgará a ninguén pola cor da súa pel, senón polos rasgos da súa personalidade. 

UN CONTO:
NEGROS E BRANCOS



 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario