PAGINA

venres, 22 de xuño de 2018

A MAXIA DA AUGA

Hoxe, remata o curso escolar 2017/2018, e como non,  a esperada FESTA DA AUGA pode celebrarse grazas a boa climatoloxía. O alumnado chega á escola cunha mochila especial. Nela non hai libros, nin cadernos, nin estoxos. Traen toalla, crema solar, chanclas e bañador.
Queredes ver a nosa leira convertida nunha zona recreativa? Aquí vos mostramos os bancais rodeados de toallas de praia , nenos tomando o sol e unha mangueira que non para de mollar a aqueles que berran: auga, auga!
FELICES VACACIÓNS!

MERCADO DO LIBRO USADO E DE OCASIÓN 2018

Cos Pikeuros acadados grazas á participación nas distintas actividades propostas na escola tanto dende o equipo de biblioteca como dende o de dinamización lingüística, hoxe chegou o día de trocalos por libros.
Qué divertido é ir de compras!



Se queres ver máis, preme na ligazón https://photos.app.goo.gl/75y363dcgQziaZ7y9


xoves, 21 de xuño de 2018

PASAPALABRA 2018

Levamos un curso completo no que se está a traballar co alumnado e co profesorado o vocabulario temático do PDI da escola "Da eira á capoeira". A  actividade a PALABRA DO DÍA,  facilita o acceso ao vocabulario temático aprendendo cada día unha palabra nova sobre a agricultura, o solo, os cultivos, as paisaxes, a gandaría, a transformación dos produtos, do agro e das construción tradicionais entre outras cousas. Traballamos moitas, tantas como días lectivos e logo de atender ás conferencias de expertos, cubrir fichas, tomar notas, elaborar mapas mentais organizando os novos coñecementos que logo foron sometidos en equipos mixtos  de dúas clases ( 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º ) a un  proceso eliminatorio chamado III Olimpíada do Saber.
Hoxe chegou esa proba final, O PASABALABRA  con seis equipos clasificados e tres equipos gañadores dunha entrada de cine grazas á ANPA.

mércores, 20 de xuño de 2018

HOXE FOMOS DE EXCURSIÓN

Para celebrar o fin de curso, o alumnado de educación primaria realizou unha saída didáctica a Allariz. Repartidos en tres autobuses, dividimonos ao chegar en catro grupos. Dous grupos foron ata O Rexo e os outros dous quedamos en Allariz para coñecer os museos do coiro e do xoguete. A media mañá,logo de tomar o petisco, intercambiamos as actividades. Ás tres da tarde comiamos todos xuntos á beira do río.
 Que ben se estaba!
 Gozamos dun día magnífico de convivencia! 

 Se queres ver máis imaxes, preme na ligazón
https://photos.app.goo.gl/XeWXcvYuaXRVAyc28


xoves, 14 de xuño de 2018

BOOKTUBERS DE XUÑO

Aquí o esperado booktubers do mes de xuño. Volvemos en setembro...



Animádevos a enviarnos recomendacións lectoras durante o verán ao móbil da escola. Lembrade que ten que facerse en galego. Subiremos as vosas recomendacións no mes de setembro.

venres, 8 de xuño de 2018

EXPOSICIÓN DE ANIMAIS E XOGO


Ainda que non pareza certo, dende a aula de plástica levamos un par de meses preparando esta fermosa exposición. Trátase dunha actividade cooperativa, xa que cada cadro foi pintado por un grupo de tres, catro ou cinco alumnos. 
O tema, os animais da eira.
No proceso de creación, o feito de  ter que porse dacordo, e empregar tan só un rotulador e un prego de papel, foi unha tarefa de difícil desempeño, sobretodo cando somos tan cativos.

 
Nesta actividade, utilizamos case todas as competencias clave:
  • COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA,  a través da lectura de textos de diversa tipoloxía, na busca de información e comunicación da mesma en diversos formatos, utilizando tanto a linguaxe oral como a escrita.  O aprender a enfrentarse a falar diante dunha cámara, a escoitarse e ser escoitado,.. O saber interpretar o texto escoitado e ser quen de asociar, adiviñar, e unir os vídeos dos códigos QR cos cadros de animais.
  • COMPETENCIA MATEMÁTICA, a través dos cálculos, medicións e observacións. Na mezcla das cantidades,... Utilización das diversas medidas.
  • COMPETENCIA SOCIAL E CÍVICA, na que se colabora entre os compañeiro da aula e dos outros cursos, cooperando e mostrando interese pola resolución das tarefas.
  • SENTIDO DA INICIATIVA E ESPÍRITO EMPRENDEDOR, na que cadaquén aporta a súa idea, chega a un acordo e se leva a cabo.
  •  CONCIENCIA E EXPRESIÓN CULTURAL na que procuramos que o alumnado valorase o traballo no campo, a alimentación ecolóxica, os animais da contorna, os bichiños da terra, ... en fin, que gozaran e valoraran a cración artística dentro do proxecto DA EIRA Á CAPOEIRA .
  •  COMPETENCIA DIXITAL, tanto na busca de información como na difusión dos textos. Convertir as súas grabacións nun código QR. A utilización das tablets, na lectura dos códigos QR.
E FUNDAMENTALMENTE, O APRENDER A APRENDER.

      A destacar, a grande ilusión que teñen na  interpretación dos códigos e a asociación cos carteis. As tablets, están a ser un éxito.
Non só poden desenvolver esta actividade na escola, o tríptico do xogo, pode ser levado para casa e coa axuda dos móbiles dos pais, ou as tablet, poder avanza no proceso investigativo. 

 
 

MAL TEMPO PERO MOITA DIVERSIÓN NA XESTEIRA

Uns intres antes de marchar...
 ESTAMOS LEDOS E CONTENTOS... MARCHAMOS DE CAMPAMENTO!

O alumnado do sexto curso de primaria, celebra o seu fin de etapa na Primaria, e na nosa escola, cun campamento de tres días na Xesteira.

Na Área da Natureza de Xesteira os nosos alumnos e alumnas fixeron obradoiros, estiveron no rocódromo , na zona multiaventura, xogaron ao baloncesto, participaron nunha  aula de interpretación de datos, ...

xoves, 7 de xuño de 2018

ALIMENTACIÓN SA E SAUDABLE

Grazas ao noso alumno Asheber, que nos envía dende a súa casa unha fermosa imaxe, na que nos mostra como cea unha rica ensalada que preparou coa leituga que apañou na horta da escola.
 

martes, 5 de xuño de 2018

UNHA MANCHEA DE EMOCIONS NA COLLEITA DAS HORTAS

Hoxe foi a quenda do terceiro e quinto curso de educación primaria. O noso traballo da os seus froitos, e o alumnado levou para cadansúa casa un pé de leituga para facer unha fermosa ensalada. Tamén recolectamos chícharos  e amorodos, que ledicia poder papar os alimentos dos nosos cultivos ao pé da escola!
 

venres, 1 de xuño de 2018

UNS SONS RAROS ESTÁN A ESCOITARSE NA ESCOLA

Hai uns días, que na escola estanse a escoitar uns sons raros. Pensabamos que eran as retroescavadoras que están a traballar na pista, pero... todo parece indicar que non é así.

Despois de moito traballar, a unha exposición,  vos queremos convidar.
A partir do luns día 4, en horario de secretaría poderedes gozar dos nosos traballos.
Esperamos que vos guste!.

Ademáis, esta exposición ten moitos códigos QR para xogar con eles, están cheos de adiviñas, poesías, trabalinguas e mesmo chistes. 

Animádevos a gozar con todos nós, e co noso traballo.
GRAZAS FAMILIAS!