PAGINA

venres, 18 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Mª Victoria Moreno é a cuarta muller á que se lle dedica o día das LETRAS GALEGAS. Nada en Cáceres no 1939, vén a galicia con 22 anos para traballar nun instituto  e queda na nosa terra escribindo e defendendo o noso idioma.
Para conmemoralo, na escola, ademáis de facer diferentes investigacións e estudos nas aula, fixemos unha actividade colaborativa baseada nunha gymkana, na que os nenos e nenas mesturados por idades, buscan pezas, e respostas para acadar entre todos construír tres puzles enormes que lembran a vida e obra da autora.
 
 

 Se queres ver todas as imaxes do evento, preme na seguinte ligazón. LETRAS GALEGAS

O acto rematou tocando e cantando entre todos o himno galego, obra de Eduardo Pondal, no seu poema Os Pinos.






HIMNO GALEGO

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.




Ningún comentario:

Publicar un comentario