PAGINA

luns, 30 de abril de 2018

NOVENA CONFERENCIA : EXPERTOS NO PAN DE MILLO

Co alumnado do segundo curso da Educación Primaria, ten lugar a novena e última conferencia das IX xornadas de expertos "Da eira á capoeira".
Este venres, o alumnado de segundo foi experto no PAN.
Este é un alimento básico, e que aos cativos lles encanta. 
Plantar, esfollar, debullar, moer, peneirar, amasar, salferir, furar, cocer,... termos que utilizaron na súa conferencia.
Para explicar como chegaron ao enfornado da masa elaborada con:
  • millo
  • sal
  • auga
  • lévedo
Para poder achegarse á cultura tradicional do pan, contaron coa inestimable axuda da familia Fernandez Veiga, que ofreceron a súa casa, a súa sabiduría e o seu bo facer, para explicar como se fai o pan de millo no seu núcleo familiar.
Unha experiencia inesquecible.




O profe Gonzalo axudoulles na montaxe do vídeo.



E como non, un videoclip coa cantiga que máis lles gusta neste curso escolar; pertence ao Libro-disco Pan de Millo do grupo Migallas-Teatro.

sábado, 28 de abril de 2018

OITAVA CONFERENCIA DE EXPERTOS: OS XOGOS TRADICIONAIS E POPULARES

Nun tempo no que non existían as consolas nin os videoxogos, os rapaces e rapazas xogaban nas eiras. Que tempos aqueles!
 O pano, a mariola, os peons, aros, cordas, zancos, carreiros de sacos, a pita cega,... son moitos dos xogos populares que formaron parte da nenez dos pais, nais e avós dos nosos alumn@s. Con eles entretíñamonos, gozábamos no noso tempo de lecer.
En moitos destes xogos, aprendiamos a coñecer o noso corpo, e noutros, ...
Os nenos e nenas do quinto curso de primaria, nolo contan.


mércores, 25 de abril de 2018

SÉTIMA CONFERENCIA DE EXPERTOS: OS APEIROS

O alumnado do cuarto curso de educación primaria, elaborou unha sinxela pero amena presentación dos apeiros de labranza máis utilizados. Tivemos pequenos faios técnicos, pero... "son cousas do directo". Magníficos!.

SEXTA CONFERENCIA: EXPERTOS NA TERRA E OS CULTIVOS

O alumnado do sexto curso de educación primaria desenvolveu unha investigación intensa nos últimos seis meses que deu como resultado a marabillosa conferencia de hoxe.
Deixamos que gocedes coa mesma.


Aproveitamos esta entrada, para lembrar que esta é a primeira promoción de alumn@s que sae da escola, sendo expertos nalgún tema dende o inicio da súa escolaridade. 
No curso 2010/2011 foron expertos nas MÁQUINAS DE CONSTRUCCIÓN. So tiñan catro aniños. Esta é a primeira mostra videográfica que temos desta experiencia tan bonita. Xa daquela o facían estupendamente, non vos parece?



APADRIÑAMENTO LECTOR

Gonzalo, mestre de AL da escola, elaborou un fermoso vídeo da actividade do día de onte. O equipo docente está orgulloso deste traballo, e a vós, que vos parece?

luns, 23 de abril de 2018

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

APADRIÑAMENTO LECTOR

Hoxe 23 de abril, día do libro, fixemos no noso centro a tradicional lectura de contos por parte de padriños e madriñas lectoras. 
 
SE PICAS NO TEXTO GOZARÁS COAS IMAXES DO EVENTO
Como xa sabedes, este mes de abril, é o mes do libro, no que concentramos unha gran cantidade de actividades ao redor do LIBRO  e o seu mundo.
Co gallo desta actividade, convocouse o 8º Concurso de deseño dun distintivo para a  chapa  conmemorativa da celebración.
A gañadora do concurso foi DAIRA ALONSO FEIJOO, do quinto curso de primaria.


Deseños presentados:

Este foi o deseño gañador:



Hoxe, tivemos o pracer de gozar da visita de ALICIA BORRÁS SANJURJO, autora dos libros "Nata e Chocolate" e "Nata e Chocolate invencibles", lecturas que traballaron os alumnos do quinto e sexto curso de primaria.


 
Alicia Borrás, asinou no libro de visitas de Picolindo




Na última semana, tivemos o pracer de compartir un ratiño cos:
  • Ilustradores e escritores : PINTO E CHINTO.
  • O escritor Carlos López (Chinto) achegouse á escola para falar do libro que escribiu con David Pintor (Pinto)  titulado “Cómo cambia el cuento” da Editorial Anaya, ou “Cámbiache o conto” da Editorial Xerais.

    Carlos contounos unha morea de minihistorias cheas de imaxinación e coas que o pasamos moi ben. Ademais sabemos que é xornalista que escribe unha tira cómica diaria no xornal “La Voz de Galicia”; dende pequeno goza escoitando historias e que escribe dende sempre, aínda que “so”  publica dende hai 20 anos porque “antes de publicar algo hai que practicar moito”. Tamén sabemos que emprega calquera tipo de papel para apuntar as súas ocorrencias, dende panos de mesa do bar ata os tíckets da compra, todo vale.
    Quedamos cunha frase moi bonita que nos dixo Carlos López. “ A miña non é unha profesión nin máis doada, nin máis difícil que outra; todas son difíciles; so hai que tentar ser bos no que se fai”
    Grazas, Carlos; cando te vexamos pola rúa seguro que che pedimos ese autógrafo que nos prometeches.

    • A escritora TERESA GONZÁLEZ COSTA.

QUINTA CONFERENCIA: EXPERTOS NAS ÁRBORES FROITEIRAS GALEGAS

Quenda do alumnado do terceiro curso de educación primaria.
 O seu discurso basouse nas árbores froiteiras galegas e as medidas que podemos tomar para coidar o medio ambiente. Transmitiron dun xeito claro  a información recabada no seu estudo. Nalgún momento da exposición apoiáronse en diapositivas baseadas na imaxe.


venres, 20 de abril de 2018

CUARTA CONFERENCIA: A VACA

Estupenda conferencia a dos alumnos e alumnas do primeiro curso de educación primaria. O seu tema de investigación foron as vacas e... canto nos aprenderon delas!

ATLETISMO EN PISTA PARA QUINTO DE PRIMARIA

Hoxe os alumnos e alumnas do quinto curso de Educación Primaria foron xunto co seu profesor titor e especialista en educación física da escola, ás pistas universitarias do Cuvi a facer unha xornada de atletismo na que competiron con outros cinco centros. Foi moi emocionante e fixeron unha grande acctuación, posto que todos participaron nalgunha das probas: 
  • carreiras de 60m e 500m
  • lanzamentos de pesos e vórtex
  • salto de lonxitude e,
  • carreira de remudas.
Non era o máis importante pero, con todo, gañaron e conseguiron boas actuacións na maioría das probas. A ver se temos sorte e nos clasificamos para a final provincial. Queremos repetir!!!
Esta xornada de atletismo forma parte dun curso de formación do profesorado no que previamente desenvólvese unha unidade didáctica de preparación nas clases de Educación Física.













TERCEIRA CONFERENCIA: AS ABELLAS

Hoxe foi a quenda dos máis cativos da escola. Unha primeira experiencia de posta en común das súas aprendizaxes. As emocións e as sensacións que viviron cada un deles foron moi diferentes; uns quedaron calados, outros choraron, e outros, demostraron as súas cualidades para falar en público sen vergoña. Cando rematen a súa escolaridade na escola serán todos uns expertos na oratoria!


mércores, 18 de abril de 2018

SEGUNDA CONFERENCIA: A CAPOEIRA

Os nenos e nenas de catro anos, axudados pola  súa mestra Eva, investigaron e experimentaron nos animais da capoeira. Falaron de galiñas, pitos e ovos así como de apetitosos pratos que preparar con eles.
Tamén nos aprenderon cousas sobre outras aves (que non voan) de curral como : gansos, pavos e patos.


OS BOOKTUBERS DE ABRIL

Xa temos aos novos booktubers. Como é abril, esperamos que gocedes con eles.

 

martes, 17 de abril de 2018

VIII XORNADAS DE EXPERTOS: DA EIRA Á CAPOEIRA.PRIMEIRA EXPOSICIÓN:"OS NOSOS PORCOS CELTAS".

Hoxe deron comezo na escola as novenas xornadas de expertos. O tema a desenvolver é o noso proxecto anual 
 DA EIRA Á CAPOEIRA.
 Inauguraron as xornadas @s pequen@s de 6º curso de educación infantil que tiñan como tema 
"O NOSO PORCO CELTA". 
Levan todo o curso  a investigar e especializándose nos porcos CELTAS e explicaron, coa axuda da súa mestra Maricruz, aos outros nen@s da escola,a súa investigación.
O programa de conferencias é o que segue:
  • 17/14/2018. Porcos Celtas con 6º E.I.
  • 18/04/2018. Galiñas con 5º E.I.
  • 19/04/2018. Apicultores con 4º E.I.
  • 20/04/2018. A corte de 1º E.P.
  • 23/04/2018. Árbores froiteiras de 3º E.P.
  • 24/04/2018. O pan cos nenos de 2º E.P.
  • 25/04/2018. Os xogos tradicionais de 5º E.P.
  • 26/04/2018. A terra e os cultivos de 6º E.P.
Unha pequena mostra dalgúns dos nosos traballos:



TRABALLO RECOPILATORIO DA INVESTIGACIÓN.
FIXÉRONNO FENOMENAL!
SON UNS ESTUPENDOS EXPERT@S!

venres, 13 de abril de 2018

CONCURSO: MAQUETAS EN FAMILIA

GRAZAS!

Grande acollida do concurso de maquetas en familia. No tempo de vacacións foron moitas as familias que decidiron colaborar coa escola na exposición "DA EIRA Á CAPOEIRA". 
Entre todos construímos a nosa ESCOLA!
 Hai maquetas de todos os tamaños, formas e niveis, pero en todas  pasastes un bo rato e gozastes na súa creación.

PACIENCIA ,
  IMAXINACIÓN 
HABILIDADE MANUAL
 foron os ingredientes necesarios para que agora todos gocemos coas vosas creacións.
Dunha idea...
moitos modelos. 

Aquí tedes as imaxes das 89 maquetas enviadas.


PREME

  NOVAMENTE... GRAZAS!