PAGINA

luns, 20 de novembro de 2017

PREPARANDO O NADAL

Este ano queremos saltar ao baleiro en relación á decoración de Nadal; pero non queremos saltar sós, queremos que o fagades con nós.

Queremos visibilizar  un traballo que as mulleres galegas facían logo de atender a eira e a capoeira: tecer.
É por iso que pretendemos facer unha árbore de Nadal e os seus adobíos, de calceta ou labor de gancho, para o que precisamos que fagades un triángulo duns 30cm de base, con calquera das técnicas, e de la de cor verde (calquera verde).
Aproveitade restos que teñades pola casa.


Doutra banda, se nalgunha familia hai expertos no tema que estean dispostos a aprender aos demais e facer un obradoiro de calceta, agradeceríamos  se puxeran en contacto co centro para mirar de organizalo.

Cooperando co cole, demostraredes aos vosos fillos, que ese empeño que temos en traballar de xeito cooperativo, non é unha tolería dos mestres.
Grazas  por adiantado, porque sabemos que colaboraredes, coma sempre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario