PAGINA

xoves, 30 de novembro de 2017

CROSS ESCOLAR ZAMÁNS NOVEMBRO 2017

No día de hoxe, o alumnado de segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto curso de primaria participaron nun CROSS ESCOLAR, organizado pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. O noso alumnado gozou dun día de deporte xunto con outras escolas da contorna. Estupenda iniciativa que permite achegar aos máis cativos ao mundo da competición.
SODES UNS CAMPIÓNS!
SE PREMES NA IMAXE PODERÁS VER E DESCARGAR FOTOS DO CROSS ESCOLAR

mércores, 29 de novembro de 2017

@S BOOKTUBERS DA NOSA BIBLIOTECA

Hoxe queremos darvos a coñecer unha nova sección da nosa bibiloteca, OS BOOKTUBERS. Sabemos que sodes moitos os que dedicades moito tempo a ler e seguro que nalgún momento, non sabedes cal escoller ou dubidades sobre un libro ou outro. Pensamos que ninguén mellor que vós para poder indicar a outros nenos e nenas cales son os libros mais populares e que vos fixeron pasar momentos máxicos.

Por iso, o primeiro luns de cada mes, podes achegarte a biblioteca da escola no recreo e recomendar algún libro que pensas que non podemos pasar de lelo.

Se te atreves a participar e converterte nun booktuber, tes que estar na porta da biblioteca os 5 primeiros minutos do recreo, logo pechamos as portas e ninguén pode pasar. É tempo para gravar en vídeo as vosas recomendacións.

Hoxe presentamos o primeiro vídeo do mes de novembro. 

O vindeiro luns 4 de decembro volveremos a xuntarnos para gravar mais recomendacións. Achégate a biblioteca e ven contarnos a túa lectura recomendada!!

luns, 27 de novembro de 2017

OBRADOIRO DE GANCHO E CALCETA

O pasado venres día 24, varias familias acompañadas dos seus fillos e fillas, formaron parte do obradoiro de calceta e gancho. Aceptando a proposta de Picolindo, e grazas á colaboración de dúas nais da escola, levouse a cabo unha xornada chea de charlas, sorrisos, e como non, de habilidades manuais. Nos próximos días, gozaremos da nosa árbore colaborativa. 
GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN,
 se non fósemos quen de traballar en grupo non o acadaríamos!
Unha mostra do moito que se traballou...
 



DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



TIRA DE LUIS DAVILA DO FARO DE VIGO

O pasado mércores, o alumnado de quinto e sexto curso de primaria tiveron unha charla informativa na sala de usos múltiples da escola para conmemorar o Día Mundial contra a violencia de xénero. Esta charla impartiuna a Policía Nacional dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA  DA SEGURIDADE DOS CENTROS EDUCATIVOS E A SÚA CONTORNA.
GRAZAS! 

mércores, 22 de novembro de 2017

OBRADOIRO DE CALCETA E DE GANCHO

Colle o teu nobelo de cor VERDE!
Gancho...


Resultado de imagen de agujas de ganchillo
Agullas...
Resultado de imagen de agujas de calcetar
É anímate!
VENRES 24, ÁS 16.00
  AULA TIC DA ESCOLA
Haberá obradoiro de gancho e en paralelo un de calceta. Entre todos acadaremos unha gran árbore de Nadal.



luns, 20 de novembro de 2017

PREPARANDO O NADAL

Este ano queremos saltar ao baleiro en relación á decoración de Nadal; pero non queremos saltar sós, queremos que o fagades con nós.

Queremos visibilizar  un traballo que as mulleres galegas facían logo de atender a eira e a capoeira: tecer.
É por iso que pretendemos facer unha árbore de Nadal e os seus adobíos, de calceta ou labor de gancho, para o que precisamos que fagades un triángulo duns 30cm de base, con calquera das técnicas, e de la de cor verde (calquera verde).
Aproveitade restos que teñades pola casa.


Doutra banda, se nalgunha familia hai expertos no tema que estean dispostos a aprender aos demais e facer un obradoiro de calceta, agradeceríamos  se puxeran en contacto co centro para mirar de organizalo.

Cooperando co cole, demostraredes aos vosos fillos, que ese empeño que temos en traballar de xeito cooperativo, non é unha tolería dos mestres.
Grazas  por adiantado, porque sabemos que colaboraredes, coma sempre.

domingo, 19 de novembro de 2017

A FESTA DO MAGOSTO

Unha celebración con moito arraigamento na nosa terra: O MAGOSTO.
Excelente a actitude das familias que achegaaron o seu entusiasmo e bo facer nos obradoiros.
O primeiro obradoiro, ataniscado de castañas na sala de mestres. As familias revisaron as castañas que trouxeron os nenos e nenas da súa casa e amosegaron os 25 kg. de castañas doados pola Anpa.
Logo, preparación do espazo para o asado. Houbo que trasladar os asadores, a leña e preparar a zona para evitar riscos co alumnado.
O seguinte obradoiro consistiu nun traballo de pintura e o último foi, converterse en verdadeiros castañeiros e castañeiras.
Sen esquecer o APOIO dado nos distintos obradoiros nos que participaron os nenos e nenas.
Estupendo o voso traballo! Grazas por colaborar cos mestres e cos alumn@s e facer posible esta actividade!
 
https://photos.app.goo.gl/eTy0JBVMMVkCldU72
SE PREMES NA IMAXE PODERÁS VER E DESCARGAR FOTOS DO MAGOSTO
 Logo foi a quenda dos nosos alumnos, que organizados en grupos cooperativos desenvolveron diversos obradoiros. Se queres ver como o pasaron, preme na imaxe de abaixo.

https://photos.app.goo.gl/byDSoziss8tudwIg2
MÁIS FOTOS DO MAGOSTO


"A horta en outono mantén o seu dono"

 "Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"
 "A horta do San Martiño ten para el e mais para o veciño".

xoves, 9 de novembro de 2017

MAGOSTO 2017

TEMOS TODO PREPARADO!
Mañá, venres día 10 de novembro, celebraremos a festa do MAGOSTO, coa colaboración das familias.
O alumnado está a traer unha manchea de castañas ataniscadas e leña, que xunto coa grande achega da ANPA, facilitará a organización da festa.
De nove a once, o alumnado estará cos seus titores nas aulas, levando a cabo actividades didácticas relacionadas con esta celebración. Logo do tempo de lecer, están programados os obradoiros da RECOLLEITA DAS CASTAÑAS
 O alumnado en grupos colaborativos de distintas idades realizarán catro obradoiros simultáneos:


Preme na imaxe
  • CARREIRAS DE SACOS
  • PEÓNS
  • TIRO DE CORDA
  • REMUDA DE CASTAÑAS
  • BILLARDA
  • RAP DO MAGOSTO
  • ZANCOS
  • GOLF-CASTAÑA
  • PESCAR BOTELLAS
  • CIRCUÍTO DE CASTAÑAS
  • TRAGACASTAÑAS
  • DEBUXAR O MAGOSTO 



Todas estas actividades acompañados pola nosa castañeira e na compaña dos pais/nais/colaboradores nas tarefas de ataniscado, obradoiros e asador.

Ás 13h. as portas da escola estarán abertas para as familias que queiran participar do Magosto da escola.
 

mércores, 8 de novembro de 2017

NA ESCOLA TEMOS UNHA VISITA

Hoxe, chegadas ás dúas da tarde, os nenos e nenas de primaria tiñan a unha persoa esperando a saudalos.
Sabedes quen é?

luns, 6 de novembro de 2017

OS ESCONXUROS DO SAMAÍN

Chegado o Samaín, os conxuros comezan a saír. 
Comezamos con Sandra, alumna do quinto curso de primaria. 

¡ANIMÁDEVOS! 


O CONCERTO DE SAMAÍN

O alumnado do quinto e sexto curso de primaria, dan un concerto para o resto da escola.
DANZA MACABRA

XA NON HAI MISTERIO, QUEREDES COMPROBAR O QUE HABÍA TRALA PORTA?

Bruxas,
 magos,
 caveiras
esqueletos,
vampiros
 mortos vivintes, ...
Se  pasar pola escola daba medo...
AGORA...MÁIS

Se queres descargar as nosas fotos, fai click na imaxe:
https://photos.app.goo.gl/CDrlpSM4laTdcFf42