PAGINA

luns, 2 de novembro de 2015

INAUGURACIÓN DO ANO PICOLÍMPICO

O presente curso escolar, celebraremos
        O ano Picolímpico,
polo que o pasado luns día 26 de outubro, aproveitando a celebración do DÍA DA BIBLIOTECA, os nenos e nenas da escola, axudados polos mestres e coa colaboración das familias festexamos por todo o alto cun acto de inauguración.
Picolindo chegou á escola a iso das 12:20 h. portando na súa man un facho. Viña camiñando dende Grecia e precisaba comezar unhas remudas co alumnado.
O recibiron os nenos e nenas de tres aniños, que recolleron o facho, e achegáronllo aos de catro anos, estes aos de cinco, e estes os de primeiro,.... e así ata chegar xunta os nenos e nenas de sexto que estaban convertidos nunha tribo helena. Déronlle a benvida e acompañaron a Picolindo na  presentación do evento.



Explicaron a tódolos presentes en que consistían os xogos olímpicos da antigüidade e cales eran os valores fundamentais,


O RESPECTO, A AMIZADE E A EXCELENCIA

estes xogos, teñen un lema, citius, altius, fortius que na nosa lingua significa algo como: máis rápido, máis alto, máis forte. Pois ben, os nosos xogos Picolímpicos tamén teñen un lema:


LER MÁIS, PENSAR MÁIS, SABER MÁIS
O alumnado recibe na pista á tribo helena representando a bandeira olímpica:
Os nenos de educación infantil mailas familias asistentes de branco, simbolizando o fondo da bandeira olímpica, os de primeiro formando o aro verde, os de segundo o amarelo, os de terceiro, o azul, os de cuarto o negro e os de quinto o vermello.

Escoitamos o himno olímpico, izouse a bandeira e deuse por inaugurado este ano Picolímpico coa colocación do facho no facheiro. O facheiro foi elaborado polas familias. Está  formado por tres pés, que simbolizan os tres piares da escola:
  • os nenos e nenas,
  • os mestres,
  • e as familias.
O facho ten nove lapas que simbolizan cada unha das aulas da escola. O facheiro permanecerá na entrada da escola durante todo o curso escolar.





Finalizado o acto, entregáronselle as medallas ao esforzo que farán ao longo do curso ao alumnado e repartíronse as mochilas viaxeiras que darán a coñecer moitos libros e materiais diferentes cos que conta a nosa biblioteca.















REMUDAS PICOLÍMPICAS


DISCURSO PICOLÍMPICO
O FACHO NO FACHEIRO
LER MAIS, PENSAR MAIS, SABER MAIS

Ningún comentario:

Publicar un comentario