PAGINA

xoves, 26 de novembro de 2015

"APRENDÍN DO PASADO, VIVO O PRESENTE E PREPÁROME PARA O FUTURO". CHANO RODRÍGUEZ

Sebastián Rodríguez Veloso, coñecido como CHANO, visitou o pasado martes día 24 a nosa escola para dar unha charla aos rapaces. Estivo cos nenos de cuarto, quinto e sexto curso de educación primaria. Este vigués de adopción, de 58 anos, sorprendeu aos nenos e nenas pola súa gran traxectoria deportiva.
Participou nas paraolimpíadas de Sidney, Atenas, Beijing e London, acadando 16 medallas.


Finalizada a charla, os nenos e nenas do sexto curso de educación primaria, tiveron a sorte de poder facerlle unha entrevista, da que daremos conta máis adiante.

Esta actividade pertence ao grupo de conferencias deportivas do noso ANO PICOLÍMPICO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario