PAGINA

martes, 5 de febreiro de 2013

SOBREMESAS DE ENTROIDO

IMOS FACER  ORELLAS






   ORELLAS DA VICENTA
         ( receita tradicional )

INGREDIENTES:

      * 800 g. de fariña
      * 100 g. de manteiga cocida
      * 2 ovos
      * 1 vaso de auga morna
      * 1 copa de anís
      * un chisco de sal
      * aceite para fritilas e azucre para salferir por riba.


 PREPARACIÓN:

Comezaremos mesturando a manteiga derretida coa auga nunha cunca, a seguir, engadimos os ovos mailo anís e o sal.
 Onde vaiamos amasar, facemos un volcán coa fariña e alí envorcamos a mestura da cunca. Traballamos ben a masa. Unha vez rematado o traballo cortamos, coa man, a masa en anacos pequenos e estiramos estes coa axuda dun rolo (está ben rematar de estiralas coa man antes de poñelas na tixola, xa que canto máis finas, máis crocantes e saborosas).
 Fritímolas en aceite ben quente e poñémolas a escorrer de pé enrriba de papel absorbente ou papel de cociña.
 Unha vez todas fritidas e ben escorridas poñémolas nunha prata e salferimos azucre por riba.
  
  QUE VOS SAIBAN!

















































































































                                                   








Ningún comentario:

Publicar un comentario