PAGINA

mércores, 27 de febreiro de 2013

MAÑÁ VISITARÁ A NOSA ESCOLA, VIOLETA MONREAL.

Os nenos e nenas do primeiro e segundo ciclo de educacion primaria terán a sorte de poder gozar coa gran ilustradora e autora de relatos Violeta Monreal.

Espero que poidades ver en directo, como das súas mans saen unha gran cantidade de obras artísticas utilizando a súa gran destreza e imaxinación. 



Violeta Monreal, naceu en Oviedo, licenciouse en Belas Artes e escomezou a súa carreira como ilustradora. Viaxou a Nueva York onde colaborou coa  ONU na
ilustración de varios proxectos. Dende entón se publican
constantemente libros coas súas imáxes nas principais editoriais españolas.


Este e o noso traballo previo a súa visita.

luns, 25 de febreiro de 2013

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Aquí tedes unha pequena colleita de libros poemas e cousas da súa vida . Premede nas imaxes . Glogster compartido polo equipo da biblioteca do Ceip Nosa Señora das Dores de Forcarei.
O 24 de febreiro,aniversario de seu nacemento, é o Día de Rosalía de Castro, por iso a Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Universisade de Vigo, en colaboración coa Asociación dos Gaiteiros Galegos acordaron celebrar o Día cunha interpretación masiva da Alborada de Rosalía en máis de 50 lugares do país.
Durante o ano haberá diferentes actividades ao longo de todo o país, pois moitas outras institucións, como a AELG ou o Consello da Cultura Galega, ademais de múltiples asociacións e concellos, celebran múltiples actos en memoria dos 150 anos de Cantares Gallegos.

xoves, 21 de febreiro de 2013

CONCURSO:"AMOR NA NOSAS LENDAS",DOS NENO@S DE 3 Anos.

SE QUEREDES MIRAR OS TRABALLOS DAS FAMILIAS DOS NOSOS NEN@S DE 3 ANOS, PREMEDE NA FOTO.
ANIMÁDEVOS AO CONCURSO!

luns, 11 de febreiro de 2013

O ENTROIDO 2013 DO ROCÍO.

Benqueridas familias, un ano máis levamos a cabo na nosa escola a celebración do ENTROIDO. Durante máis de tres semanas estivemos traballando "a todo tren" para poder deseñar os disfraces cos que os nosos alumnos e alumnas desfilaron o pasado venres.
Esta é unha das celebracións sinaladas no currículo para que os vosos fillos e fillas coñezan as principais festas e tradicións da nosa comunidade. Nenos, nenas, mestres, mestras, pais, nais, avós e avoas colaboraron  para que esta festa fora unha nova ocasión na que todos nos xuntasemos e con moito esforzo, e coa colaboración de todos gozaramos con todas e cada unha das actividades realizadas.
  • O Meco mecón, deu ordes ao longo de toda a semana, e conseguíu que todos e todas obedeceramos.
  • Tivemos OBRADOIROS DE ORELLAS E FILLOAS. A totalidade do alumnado de educación primaria gozou dun obradoiro de cociña na sesión de expresión plástica esta semana. Pasáronno fenomenal.






OBRADOIRO DE FILLOAS.


  • Desfilamos ata a Alameda de Suarez Llanos. Ao chegar comemos pan con chocolate para recuperar forzas.
  •  GRAZAS ,QUIQUE, POR ACOMPAÑARNOS COA MEGAFONÍA, ESTABAS GUAPÍSIMO CON ESE        DISFRACE.

OS MÁIS PEQUENOS DISFRAZARONSE DE BOUCENSES, ERAN OS OESTRYNMIOS.

 




OS DE CATRO ANOS ERAN OS POLBOS DO MAR DE BOUZAS.









OS DE CINCO ANOS ÍAN DE FOGUETES, LEMBRANDO AOS TRADICIONAIS FOGOS DE BOUZAS.

 




                 OS DE PRIMEIRO ERAN OS FALUCHOS.

 




       OS DE SEGUNDO,  CABALEIROS DAS CUNCHAS.






  EN TERCEIRO REPRESENTABAN A TRABALLADORES    DO MAR: REDEIRAS E MARIÑEIROS.

 



                             OS DE CUARTO, MEDUSAS.


 





OS DE QUINTO, MÚSICOS DA BANDA O SON DE BOUZAS.



               E OS DE SEXTO, PIRATAS DE BOUZAS.







Grazas á POLICÍA MUNICIPAL por acompañarnos no traxecto, e tamén aos pais e nais colaboradores.
  • Xa de volta na escola fixemos o xuizo do Meco. Colaboraron os nenos e nenas do 6º curso de Educación Primaria. Estiveron fastásticos!
 
  • Finalmente, degustamos orellas, filloas, flores,... produtos típicos da nosa terra. GRAZAS PAIS E NAIS COLABORADORES.



domingo, 10 de febreiro de 2013

UN ENTROIDO DE HISTORIA:"OS PRIMEIROS BOUCENSES"


O  tema central deste curso é “Bouzas”.

A nosa aula,  a dos nen@s de tres anos, está a traballar cómo eran os seus primeiros habitantes, cómo vestían, cómo vivían, cómo se alimentaban…estamos a facer un traballo de investigación.

O noso disfrace de entroido baseouse na vida e costumes destes primeiros boucenses.
Se queredes saber algo da historia de Bouzas, como fixemos os nosos disfraces, e sorprendervos con cousas que non sabiades antes...só tedes que premer na foto e veredes qué interesante.

FELÍZ ENTROIDO A TOD@S E UNHA APERTA MOI FORTE DOS NEN@S DE 3 ANOS E A PROFE MARICRUZ.

martes, 5 de febreiro de 2013

SOBREMESAS DE ENTROIDO

IMOS FACER  ORELLAS






   ORELLAS DA VICENTA
         ( receita tradicional )

INGREDIENTES:

      * 800 g. de fariña
      * 100 g. de manteiga cocida
      * 2 ovos
      * 1 vaso de auga morna
      * 1 copa de anís
      * un chisco de sal
      * aceite para fritilas e azucre para salferir por riba.


 PREPARACIÓN:

Comezaremos mesturando a manteiga derretida coa auga nunha cunca, a seguir, engadimos os ovos mailo anís e o sal.
 Onde vaiamos amasar, facemos un volcán coa fariña e alí envorcamos a mestura da cunca. Traballamos ben a masa. Unha vez rematado o traballo cortamos, coa man, a masa en anacos pequenos e estiramos estes coa axuda dun rolo (está ben rematar de estiralas coa man antes de poñelas na tixola, xa que canto máis finas, máis crocantes e saborosas).
 Fritímolas en aceite ben quente e poñémolas a escorrer de pé enrriba de papel absorbente ou papel de cociña.
 Unha vez todas fritidas e ben escorridas poñémolas nunha prata e salferimos azucre por riba.
  
  QUE VOS SAIBAN!