PAGINA

venres, 8 de xuño de 2012

SOMOS CENTRO ABALAR.

A Consellería de Educación, Cultura e O. U. acaba de facer pública a relación de centros seleccionados para adscribirse á rede Abalar no curso 2012-2013. Na citada relación aparece a nosa escola entre os 165 centros seleccionados. Isto vai supoñer que o noso centro conte no vindeiro curso escolar con importantes equipamentos informáticos para o nivel de 5º curso de E. P. Cada aula dixital contará co seguinte equipamento: 
 * Un ultraportátil para cada alumno/a. 
 * Un portátil por aula para o uso dos docentes. 
 * Un encerado dixital interactivo.
 * Un proxector. 
 * Un armario para a carga dos equipos. 
 * Rede wifi. 
Abalar é o proxecto que procura a integración plena das TIC na práctica educativa e tende cara á modernización e mellora da educación. Abalar organiza os recursos existentes cara a acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes e pretende maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias dos vosos fillos e fillas. Isto non podería ser posible sen o grande apoio do profesorado que se forma día a día de cara á modernización do ensino. Prometemos camiñar pasiño a pasiño e queremos comunicarvos que estamos de noraboa. 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario