PAGINA

luns, 14 de maio de 2012

A NOSA ESCOLA PARTICIPA NO V OPEN ESCOLAR DE NATACIÓN.

 Onte sábado día 12 de maio, disputouse en Vigo o Open Escolar de natación na súa V edición. Como en anos anteriores o evento estivo organizado polo C.N.Galaico e o C.N.Rías Baixas.  Catro alumn@s da nosa escola pertencen a este equipo.
 As probas que se nadaron foron 25 crol, 25 espalda e os relevos 4x25 crol. Este evento que fomenta a natación de base, xa un clásico na cidade, é apoiado e moi valorado polas institucións, que son conscientes da importancia do deporte nos nenos/as en idade escolar. Un total de 75 futuros deportistas non federados representaron a 10 colexios de Vigo e os seus arredores, moitos deles participaron en todas as edicións. O graderío estivo completo por parte de pais e familiares que disfrutaron cos nen@s nun deporte tan complicado como é a natación.
Na nosa escola participaron tres alumn@s:
  • Ingrid Caamaño Tubío,
  • Nicolás García Iglesias e,
  • Sandra Caamaño Tubío.
 Para a entregada entrega de medallas,trofeos e diplomas, o evento contou coa presenza do alcalde de Vigo D.Abel Caballero e o concelleiro de deportes D. Manel Fernández, aos cales entregaron aos nosos alumnos dúas medallas de bronce e unha meritoria medalla de ouro. Foi unha pena que non se puidesen anotar ao evento máis alumnos, pois non puidemos participar nas remudas e quedamos sen opción ao trofeo.
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

ANGELA NOVOA BLANCO

1 comentario:

  1. Grazas por este montaxe tan chulo e cunha música tan divertida. Gustounos moito a toda a familia. Pásamolo moi, moi ben. Temos que ir practicando xa para o ano que ven e facelo aínda mellor. A ver se hai máis nenos que se apuntan e podemos optar ao trofeo para o cole.
    Parabéns os tres participantes que o fixeron moi ben e ademáis portáronse de marabilla!!!!

    ResponderEliminar