PAGINA

luns, 2 de abril de 2012

TRABALLIÑOS DE PRIMAVERA DOS NENOS/AS DE 5 ANOS.

NOS CURSOS ANTERIORES APRENDIMOS O QUE ERA UNHA PLANTA, AS SÚAS PARTES, FUNCIÓNS..., FIXEMOS UNHA PLANTACIÓN DE LENTELLAS, MEDIMOS O SEU CRECEMENTO, E MOITAS COUSAS MÁIS. NESTE CURSO QUIXEMOS CENTRARNOS NA POLINIZACIÓN E OS INSECTOS QUE INTERVEÑEN NELA, A REPRODUCIÓN E O PASO DA FLOR A FROITO. PARA OS RAPACES FOI APAIXOANTE DESCOBRIR QUE UNHA FROITA FOI PRIMEIRO UNHA FLOR. COMO XA NON TEMOS A NOSA PRECIOSA AMEXEIRA DO PATIO, PORQUE AS OBRAS DO COLE NOVO REMATARON COA SÚA VIDA... NON PODEMOS MIRAR A MILAGRE, EN DIRECTO, COMO NOUTROS ANOS.ASÍ QUE, A TRAVÉS DE VÍDEOS ,APRENDIMOS O PROCESO. APRENDIMOS A GRANDE IMPORTANCIA DOS INSECTOS COMO A ABELLA, A BOLBORETA E AS MOSCAS NO PROCESO DE POLINIZACIÓN.
COA NOSA AMIGA, A "ABELLA MAYA", APRENDIMOS MOITAS COUSAS SOBRE ESTE TEMA.
SE QUEREDES MIRAR O CAPÍTULO FAVORITO DOS VOSOS FILLOS/AS, PREMEDE NA FOTO DE MAYA.
FIXEMOS TAMÉN ALGÚNS TRABALLIÑOS PLÁSTICOS, TANTO DE XEITO  INDIVIDUAL COMO COLECTIVO NA NOSA AULA E NA AULA TIC.
MIRADE QUE CHULOS!.

AS DEGUSTACIÓNS DE FROITOS COMO AMORODOS, LARANXAS E MANDARINAS CASEIRAS, TRAIDAS DUNHA FINCA QUE ESTÁ EN ARBO, AO CARÓN DO RÍO MIÑO, E QUE NON LEVAN NINGÚN TIPO DE SUBSTANCIAS QUÍMICAS, FOI UNHA DAS EXPERIENCIS MÁIS DOCES DESTA PRIMAVERA.
TAMÉN, COMO XA SOMOS MAIORES, COLABORAMOS NA HORTA ESCOLAR DOS DE ED. PRIMARIA, PLANTANDO CABACIÑAS, LEITUGAS DAS NORMAIS E DAS RIZADAS MORADAS. HOUBO UNHA PEQUENA PLANTA PARA CADA UN DE NÓS.
PASÁMOLO FENOMENAL, SOBRE TODO CANDO AS REGAMOS, POIS QUERIAMOS MOLLAR Á PROFE MARICRUZ, COA MANGUEIRA, PERO COMO ESTABA LONXE FACENDO AS FOTOS, NON PUIDEMOS DUCHALA, HI,HI..., RIMOS MOITÍSIMO.
TEMOS QUE DAR AS GRAZAS Á PROFE ÁNGELA POLA SÚA AXUDA NESTA FERMOSÍSIMA EXPERIENCIA.
MIRADE COMO O FIXEMOS.
DURANTE ESTAS VACACIÓNS, PODEDES FACER UN CURIOSO EXPERIMENTO,COS VOSOS FILLOS/AS, NA CASA. NÓS XA O FIXEMOS CON CARAVEIS BRANCOS CANDO ESTABAMOS  EN TRES ANOS, E OS PUXEMOS DE COR AZUL.
NÓS NON UTILIZAMOS ACUARELAS, SENON PIGMENTOS ALIMENTARIOS QUE SE VENDEN NAS HERBORISTERIAS, E SON INOCUOS, TANTO PARA AS PLANTAS COMO PARA OS NENOS/AS.
GOZADE DESTAS VACACIÓNS PERO...COIDADO CO SOL,QUE É UN POUCO TRAICIONEIRO NESTA ÉPOCA, COA POLE OS ALÉRXICOS, E A VER SE CHOVE UN POUQUIÑO POLO NOSO BEN E O DAS PLANTAS.
A AUGA É SUPERIMPORTANTE PARA TÓDOLOS SERES VIVOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario