POR QUE? POIS PORQUE O NOSO HUMILDE BLOGUE,"O RECANTO DE PERECHO E MARICRUZ", FOI ADMITIDO PARA PARTICIPAR NOS PRESTIXIOSOS
"PREMIOS ESPIRAL DE EDUBLOG 2012".
AS FAMILIAS DA NOSA AULA E MOITOS COMPAÑEIROS/AS DE PROFESIÓN ,QUE SON VISITANTES DO NOSO BLOGUE E O UTILIZAN COMO FERRAMENTA DE TRABALLO NAS SÚAS AULAS, ANIMARON Á PROFE MARICRUZ, QUE NON FAI O SEU BLOGUE PARA OBTER NINGÚN MÉRITO, SENON PARA OS OBXECTIVOS QUE TODOS VÓS SABEDES E QUE ESTÁN NO ENCABEZADO DO NOSO BLOGUE, A QUE SE PRESENTASE NO CERTAME.
GRAZAS A EDUBLOG POR ELIXIR O NOSO TRABALLO.
AÍNDA QUE NON GAÑEMOS NADA, O FEITO DE SER ELIXIDOS COMO CANDIDATOS EMOCIÓNANOS ENORMEMENTE E ESE XA É UN GRAN PREMIO PARA NÓS.
MIRADE QUE CONTENTOS ESTÁN OS NOSOS PROTAGONISTAS! |
AQUÍ TEDES A LIGAZÓN NA QUE ESTÁ PUBLICADA NA REDE A NOSA CANDIDATURA.
PREMEDE NO LOGO DOS PREMIOS PARA MIRALA.
E SE CHE GUSTA O NOSO BLOGUE PREME NA IMAXE PARA FACER O TEU COMENTARIO.
E SE CHE GUSTA O NOSO BLOGUE PREME NA IMAXE PARA FACER O TEU COMENTARIO.
MOITAS GRAZAS AOS NENOS/AS DE 5 ANOS,QUE FIXERON POSIBLE QUE A PROFE MARICRUZ E AS SÚAS FAMILIAS COLABORARAN NUN SOÑO COMÚN, UTILIZANDO ESTA FERMOSA FERRAMENTA QUE É O NOSO BLOGUE:
UNHA EDUCACIÓN INTEGRAL NA CASA E NA ESCOLA.
ESTÁS A TE ESQUECER DE MÍN!, PERECHO, O VOSO AMIGO.
EU TAMÉN AXUDEI MOITO Á PROFE E PICOLINDO TAMÉN.
GRAZAS A MOITAS COUSAS QUE EU FIXEN OS NENOS/AS APRENDERON A SOÑAR, IMAXINAR, APRECIAR A NATUREZA...
EU TAMÉN AXUDEI,GHI,GHI,GHI!
TES RAZÓN.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA TUA MAXIA .
QUERÉMOSTE,PERECHO!
PARA NÓS,QUE ESTAMOS A TRABALLAR ESTE ANO, COMO PROXECTO DE CENTRO,
AS EMOCIÓNS...É EMOCIONANTE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario