O pasado luns, día 3, foi un DÍA ESPECIAL no CEIP VIRXE DO ROCÍO!!. Festexamos O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. Este ano, elaboramos entre todas as aulas da escola, un acróstico da frase “PEDIMOS PAZ”. Cada aula tiña asignada unha letra da frase e con ela tiña que crear a súa “frase de paz”.
Despois da actividade cantamos todos xuntos a cantiga da paz deste ano adicada as apertas, como apócema máxica segreda da tristura e mentres bailabamos e cantabamos, agasallabamos a todos os nosos amigos e mestras da escola con apertas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario