Por terceiro ano consecutivo, a nosa escola participou no Concurso de Arte Postal promovido pola Concellería de Educación do Concello de Vigo. Tódolos nenos e nenas de Educación Primaria, e como parte da programación didáctica da área de expresión artística, realizan un debuxo, que este ano tiña como tema
"O mar de Vigo"
O obxectivo do concurso era incentivar a creación artística e valorar a importancia da creatividade.
O obxectivo do concurso era incentivar a creación artística e valorar a importancia da creatividade.
O traballo do alumnado foi excelente, polo que calquera debuxo tiña opcións de ser gañador. So serían 12 os nenos e nenas seleccionados entre todas as escolas que se presentaron, e tivemos a sorte que un deles foi da alumna do primeiro curso de educación primaria
INGRID CAAMAÑO TUBÍO.
Aquí tedes o seu traballo.
Aquí tedes o seu traballo.
O pasado xoves día 5, a Concellería de Educación convocou á nosa alumna a un acto de entrega de premios.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregou esa mañá 12 galardóns a outros tantos nenos e nenas de Vigo gañadores, nun encontro no que amosou a súa satisfacción. Logo de felicitar a gañadores e familiares, agradeceu aos profesores o esforzo e o traballo que desenvolven. Este ano participaron 914 estudantes de 36 colexios, polo que é un mérito para a nosa escola contar cunha gañadora.
No acto de entrega de diplomas estiveron presentes, ademáis das familias, o coordinador do programa, Mingos Teixeira, e a concelleira de Educación, Raquel Díaz.
Parabéns Ingrid!!! e grazas tamén á túa familia pola colaboración prestada.
Pero a cousa non quedou aí, entrevistarona uns periodistas e saíu na tele ese mesmo día, e tamén no xornal. Aquí tedes a entrevista.
Que vos parece?
Agora, admirade os traballos realizados por todos vós.
Moi ben. Unha aperta para todos!.
Agora, admirade os traballos realizados por todos vós.
Moi ben. Unha aperta para todos!.
Grazas a vós por fomentar día a día a creatividade dos nosos fillos que vai ser moi importante sexa cal sexa o seu traballo no futuro. E grazas por darlles a oportunidade de presentarse a través do cole a este tipo de certames que lles anima, aínda máis se cabe, a seguir traballando e esforzándose cada día, plasmando nun anaco de papel a súa forma especial de ver as cousas e fomentando así a súa enorme imaxinación.
ResponderEliminarFoi un día realmente moi emocionante para Ingrid, unha recompensa ó seu traballo diario, xa que pasa moitas horas debuxando e facendo manualidades na casa; é algo que lle encanta, así que esta gratificación é un estímulo máis para seguir creando.
Polo tanto, ¡noraboa Ingrid! pero tamén noraboa a todos os mestres do CEIP Virxe do Rocío, en especial a Ángela profe de plástica, pois o noso cole foi elixido de entre máis de 30 coles de Vigo e porque sen vós, sen o voso traballo diario, isto non sería posible. Grazas profes!!
Familia de Ingrid