Os nenos e nenas de 2º e 3º tivemos a sorte de gozar dun obradoiro de froitas... foi xenial.
Primeiro, unha nutricionista, explicounos como levar unha dieta sa. Logo fixemos "pinchos morunos" con froitas. Estaban boísimas! aínda que algunha fixo un esforzo por probalas porque non lle sabían moito.
Por último déronnos un diploma que certifica que participamos e probamos tódalas froitas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario