PAGINA

luns, 30 de maio de 2011

AS NOSAS LENTELLAS.

ESTA SEMANA FIXEMOS A NOSA PRANTACIÓN DE LENTELLAS, APRENDIMOS AS PARTES DUNHA PRANTA, AS SÚAS FUNCIÓNS, O QUE PRECISAN PARA VIVIR, QUE É UNHA SEMENTE, UNHA FLOR, UN FROITO, E A FACER UNHA GRÁFICA PARA MIRAR COMO MEDRAN DE AGORA EN DIANTE, APUNTANDO OS RESULTADOS .
CONTAMOS A HISTORIA DE SEMENTIÑA.
MIRADE COMO TRABALLARON OS RAPACES DA PROFE MARICRUZ.

ESTE É UN DOS VÍDEOS QUE TRABALLARON NA AULA.

E PARA QUE VOS DIVIRTADES MIRADE COS VOSOS FILLOS/AS, "A SEMENTIÑA DE POCOYÓ"...


LOGO MEDRARÁN E OS RESULTADOS E AS MEDIDAS ESTARÁN  AQUÍ, NO NOSO  BLOGUE. OS NENOS/AS LEVARÁN A PRANTA PARA A SÚA CASA E SEGUIRÁN COIDANDO DELAS COAS SÚAS FAMILIAS.

venres, 27 de maio de 2011

OS MONSTROS SON COUSA DA NOSA IMAXINACIÓN.

SABEMOS QUE OS MONSTROS SON COUSA DA NOSA IMAXINACIÓN,POR ISO, ADEMÁIS DE TRABALLAR CO CONTO,"O MONSTRO PELUDO",E PASALO FENOMENAL,INVENTAMOS,ENTRE TODOS,UN MONSTRO CHAMADO "TROMPI",PARA ASÍ AMOSALO.


Nunha cova húmida e gris, no medio dunha escura fraga, vivía un monstro peludo. Era feísimo!. Tiña unha cabeza enorme sobre peiños ridículos, o que lle impedía moverse moito e saír da súa cova.
Así comeza esta aventura que terá como protagonistas ao monstro que, e citando o editorial, "canso para comer ratos decide probar sorte coas persoas", e Lucila que será a súa primeira vítima, aínda que é princesa, resulta un pouco respondona. Ao monstro non lle gusta que lle tomen o pelo, sobre todo porque ten moitos. A princesa, con todo, non ten nin un de boba e está máis que disposta a demostralo.Queres saber que ocorre entre eles?Achégate a esta monstrosa historia e descubrirás un final sorprendente,como o fixeron os nenos/as  de 4 anos cando lles contou o conto a profe Maricruz.

QUEREDES COÑECER CANTOS TROMPIS FIXEMOS?
TANTOS COMO NENOS/AS, COA SÚA IMAXINACIÓN,TEN A PROFE MARICRUZ.



DE AGORA EN DIANTE,OS NOSOS NENOS/AS NON TERÁN MÁIS MEDO AOS MONSTROS.

luns, 23 de maio de 2011

PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA

 Os nen@s de 1º-2º-3º e 4º participamos o pasado día 13 no Correlingua da nosa cidade.
 Camiñamos, berramos e cantamos consignas defendendo a nosa lingua. Este ano, tocounos levar a pancarta oficial. Foi moi divertido... pero o mellor chegou cando xa estabamos en Castrelos: alí houbo, merenda, maxia e cancións. Bailamos, cantamos e chimpamos. PASÁMOLO EN GRANDE!!!
 Se non o credes.... mirade as fotos.





domingo, 22 de maio de 2011

O camiño para ir regar a nosa horta escolar

Os neno@s de 5 anos amósannos o camiño que todos os días percorren pola escola para ir regar a horta na que temos moitos alimentos.
Preme no vídeo e descobre o camiño!!

venres, 20 de maio de 2011

REMATOUSE O CADERNO 1 DA MOCHILA VIAXEIRA DA BIBLIOTECA.

DURANTE TODO O CURSO A NOSA MOCHILA VIAXEIRA, DOS NENOS/AS DE 4 ANOS, FOI DE FOGAR EN FOGAR, CHEA DE CONTOS, DVD, REVISTAS, LIBROS PARA PAIS E NAIS,... E CUN CADERNO PARA QUE POIDERADES EXPRESAR AS VIVENCIAS QUE TIVESTES NAS VOSAS CASAS COS VOSOS FILLOS/AS.
O SEGUNDO CADERNO XA ESTÁ NUN DOS VOSOS FOGARES, AÍNDA QUE BALEIRO.
O PRIMEIRO XA ESTÁ REMATADO E A PICOLINDO E PERECHO ENCANTÁRONLLES OS VOSOS COMENTARIOS, FOTOS E DEBUXOS.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E CONSERVACIÓN DO MATERIAL DA MOCHILA.
AQUÍ ESTÁ O CONTIDO DO CADERNO Nº1 ÍNTEGRO.
BICOS, PICOLINDO, PERECHO E MARICRUZ.

(PARA MIRAR A PRESENTACIÓN MÁIS GRANDE,XA SABEDES QUE TEDES 
QUE PREMER NOS MARQUIÑOS PEQUENOS QUE ESTÁN ABAIXO,A DEREITA, DENTRO DO MARCO GRANDE) .

xoves, 19 de maio de 2011

mércores, 18 de maio de 2011

HOMENAXE A LOIS PEREIRO.LETRAS GALEGAS 2011.GRUPO AZUL.


FALADE E ESCRIBIDE EN GALEGO ,COMO LOIS,NA CASA,NA ESCOLA,NA BISBARRA,POLO TELÉFONO,POR INTERNET...,ONDE QUEIRAMOS E CON QUEN QUEIRAMOS.
BICOS,PICOLINDO.


domingo, 15 de maio de 2011

RETRATAMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS/AS.



RETRATOS DOS ARTISTAS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTÍL.
ASEMÉLLANSE?
PREMEDE ABAIXO, Á DEREITA, DENTRO DA PRESENTACIÓN PARA MIRAR, MÁIS GRANDES, AS OBRAS DE ARTE.


GRAZAS ,PROFE ÁNGELA POLA TÚA AXUDA.

VISITOUNOS JACOBO FERNÁNDEZ...

O venres 13 recibimos a visita de Jacobo Fernandez, escritor e ilustrador de libros infantís e xuvenís.
 Os rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º leron un libro escrito e ilustrado por el chamado "A pedra das formigas". Os de 4º leron outro libro seu titulado "Mil cousas poden pasar" e os de 5º e 6º un  libro de Teresa González ilustrado por el.
 Faloulles do seu traballo como ilustrador e escritor... fíxolles debuxos, e falou dos seus libros.
falou dos seus libros e fixo debuxos

Tod@s atent@s ás súas palabras


Asinou no libro de visitas...

 Os nen@s fixéronlle unha chea de preguntas ás que Jacobo contestou e logo houbo sinatura de libros e, como non, dedicatoria no libro de visitas do cole.

OBRADOIRO DE FROITAS

 Os nenos e nenas de 2º e 3º tivemos a sorte de gozar dun obradoiro de froitas... foi xenial.
Primeiro, unha nutricionista, explicounos como levar unha dieta sa. Logo fixemos "pinchos morunos" con froitas. Estaban boísimas! aínda que  algunha fixo un esforzo por probalas porque non lle sabían moito.
Por último déronnos un diploma que certifica que participamos e probamos tódalas froitas.





sábado, 14 de maio de 2011

EUROVISIÓN E O DÍA DE EUROPA.

O LUNS, 9 DE MAIO, FOI O"DÍA DE EUROPA".
AQUÍ TEDES UN DIVERTIDO XOGO, PARA TODA A FAMILIA,MENTRES ESPERADES A QUE EMPECE EUROVISIÓN. ESTE ANO O FESTIVAL DA CANCIÓN É ESPECIAL PORQUE, ADEMÁIS DE JULIO IGLESIAS, QUE PARTICIPOU NEL NOS ANOS 60, HOXE VAI FACELO OUTRA GALEGA,"LUCÍA PÉREZ", QUE É DE "O INCIO"(LUGO), MOI COÑECIDA NA TVG, E CURMÁ DA COIDADORA DO NOSO COLE, MARGARITA.
DÉIXOVOS CO XOGO E CO VIDEOCLIP DE LUCÍA.
MOITA SORTE!
(PREME NESTE ENLACE)

GAÑADORAS DO MARATÓN DE COIA 2011.

O DOMINGO ,8 DE MAIO,O CONCELLO DE VIGO,A TRAVÉS DA CONCELLERÍA DE DEPORTES,CELEBROU O SEU MARATÓN DE COIA 2011.
AS ALUMNAS DE 5º DE ED.INFANTÍL,DO NOSO COLE,QUEDARON CAMPIOAS.
ALBA NO 2º POSTO,SILVIA NO 3º,NOA NO 9º E SARA QUE NON O RECORDA, ISO DA IGUAL POIS O IMPORTANTE É PARTICIPAR.

NORABOA ÁS NOSAS RAPAZAS!.
SON UNHAS CAMPIOAS!.

luns, 9 de maio de 2011

COMUNICADO DA PROFE MARICRUZ ÁS FAMILIAS DOS NENOS/AS DE 4 ANOS.

ALGUÉN MARCOU O CONTIDO DALGÚNS DOS NOSOS TRABALLOS COMO DE CONTIDO INAPROPIADO, DENTRO DE SLIDE, ASÍ QUE DESAPARECERON DO BLOGUE,"O RECANTO DE PERECHO E MARICRUZ", ATA QUE A PROFE M.CRUZ SE DECATOU.
ESTO É POLA MALA FE DALGÚN DOS NOSOS VISITANTES. SÓ ESPERO, QUE A DESTRUCIÓN DO NOSO TRABALLO, DE MOITAS HORAS, LLE DERA ALGÚN TIPO DE SATISFACCIÓN A ESTA PERSONAXE. E SE ALGÚN DE VOS QUERE QUE LLE MANDE A PRESENTACIÓN POR CORREO ELECTRÓNICO, PODO FACELO POIS AS TEÑO GARDADAS PARA O PESAR DO INSENSATO/A QUE FIXO ESTA FALCATRUADA.
AS PRESENTACIÓNS FORON RESTITUIDAS E MODIFICADAS COMO PRIVADAS.
NALGÚNS ORDENADORES CO SISTEMA DE WINDOWS VISTA, AÍNDA NON SE VEN, PERO NOS QUE TEÑAN XP NON TERÁN PROBLEMAS.
SENTIMOS QUE O TRABALLO DESTRUTOR DESTA PERSOA NON LLE SERVIRA PARA NADA, SÓ PARA AMOLAR UN POUQUIÑO.
DE TÓDOLOS XEITOS, SE HAI ALGÚN PAI OU NAI QUE NON DESEXE QUE O SEU FILLO/A SAIA NO BLOGUE, AÍNDA QUE TEÑA A AUTORIZACIÓN DA UTILIZACIÓN DA IMAXE ASINADA COMO CONFORME, SO TEN QUE COMUNICALO, Á DIRECCIÓN DO CENTRO ESCOLAR, E O SEU FILLO/A NON SAIRÁ NESTE BLOGUE NIN NO BLOGUE DE PICOLINDO.
EXISTE XENTE MOI DESOCUPADA NESTE MUNDO.
COA DE COUSAS BOAS E ÚTILES QUE SE PODEN FACER NEL E NO NOSO COLE!


UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.


macusanbla@gmail.com

martes, 3 de maio de 2011

O primeiro maio no Rocío

Este ano 2011, festexamos por primiera vez unha das festas máis antigas da nosa cultura. A creación dos maios remóntase a era da Prehistoria. Hoxe os nenos e nenas do Rocío gozaron da creación do seu primeiro maio. Foi un día estupendo!!!