PAGINA

xoves, 9 de decembro de 2010

QUEDAMOS SEN O EDIFICIO DE INFANTIL.

Se o da ameixeira é unha mágoa, o do edificio de Educación Infantil tamén o é. Todos sabemos que é para mellorar, pero a cantidade de vivencias que tiñamos, quedan soterradas coas paredes. Esa máquina mordeu cachiño a cachiño a nosa escola, a escola dos máis cativos. Tan so queda unha parede en pé e cando se derrube, con ela marchará unha parte da nosa historia. A partires de agora comezamos unha nova etapa na que teremos que deixar constancia de todos e cada un dos nosos novos logros.





Ningún comentario:

Publicar un comentario