PAGINA

sábado, 18 de decembro de 2010

O APALPADOR

 
Os nenos de Infantil do colexio Virxe do Rocio estamos a esperar con ansia que veña ás nosas casas o Apalpador.  Teremos a precaución de ter a barriguiña chea, non vaia ser que nos deixe sen agasallo.

O Apalpador (tamén coñecido polo nome de  Pandigueiro na comarca de Terra de Trives ) é nas zonas do este de Galiza, a figura mítica dun carboeiro que segundo a tradición, baixa a noite do 31 de Nadal  a tocar o ventre aos nneos para ver se comeron suficiente durante todo o ano,  deixándolles un montón de castañas, as veces algún agasallo e desexandolles un bo Aninovo cheo de felicidade e comida.En realidade é unha figura inventada, un gran bulo que nos din que é popular nas montañas do este de Galiza, ( o Courel, Terra de Trives, o Bierzo), ainda que está tentando extenderse por todo o país.


Canción tradicional


Hoxe é día do Nadal,

día do Noso Señor

ide logo para a camiña

que vai vir o Apalpador.

Hoxe é día do Nadal,

vai neniño para a camiña

que vai vir o Apalpador

a apalparche a barriguiña.

Hoy es el día de Navidad,

dia de Nuestro Señor

id rápido a la camita

que vendrá el Apalpador.

Hoy es el día de Navidad

vete niñito a la camita,

que vendrá el Apalpador

a palparte la barriguita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario