Non podemos continuar así. Hoxe martes día 14, decidiuse que iamos saír ao patio. Como non tiñamos un espazo preparado para tal fin, utilizamos a Rúa Miño. Uns mestres puxéronse diante da zona peonil, outros diante do cruce coa Rúa Rocío e outros mestres ao longo da Rúa Miño. A experiencia, a pesares do frío, foi estupenda. Os nenos puideron corretar e desfogar un pouquiño, deste xeito as últimas dúas sesións foron máis produtivas.
Aquí tedes unha imaxe. Non é moi boa pero deixa constancia do acontecido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario