PAGINA

martes, 7 de decembro de 2010

QUE FIXEMOS NO SAMAÍN NA AULA DE 4 ANOS?

O esqueleto forma parte do noso corpo e non debemos terlle medo pois grazas a el non somos bonecos de trapo.No Samaín os esqueletos son representacións moi importantes.Nós fixemos o noso esqueleto e aprendimos o nome dalguns ósos.
Os celtas poñían as caveiras ,cunha candea dentro,nos muros das entradas das súas casas e poboados para alonxar aos seus inimigos.Tamén celébrase,no Samaín ,o  aninovo celta.
Degustación dos froitos das cestas.Cada día adícase a un tipo de froita.



Decoración da nosa aula.
Exposición das cestas e dos nosos cabazos.

Que medo!As nosas cabazas alumeadas para defendernos dos malos espiritos.
Obradoiro das meigas boas.


Cestas que fan as familias con froitos secos e carnosos, e outros materiais típicos do outono.




O Samaín,na nosa aula, celébrase dun xeito moi especial.Sabemos perfectamente o significado destas festas e a súa orixe.O que facian os nosos ancestros esqueceuse por décadas pero nós retomámolo ,rexeitando americanismos que son copias baratas da nosa cultura.Facemos moitas actividades,unhas na nosa aula,outras co resto da escola e outras coa comunidade educativa ao completo,facendo partícipes da festa ás nosas familias.Na seguinte ligazón podedes atopar cantidade de cousas do Samaín:xogos,cancións,películas,cousas para colorear.
Se nos metemos nel aprenderémolles moitas cousas ás nosas familias,pois a pesares de formar parte da nosa cultura,aínda é unha festa descoñecida para moitos.

Velaquí temos o que fixemos no obradoiro dos morcegos voadores.
Obradoiro dos vampiros.


VEREDES QUE BEN O PASADES COA CANCIÓN DOS ESQUELETOS.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario