PAGINA

domingo, 12 de decembro de 2010

COMEZAMOS A FACER O DECORADO DE NADAL.

Aproxímanse as Festas de NADAL e, coma tódolos anos, imos prepararnos para este acontecemento. O hall de entrada xa conta coa casiña do APALPADOR, xa fixemos os debuxos da postal de Nadal e agora toca pintar as ventás, os corredores, as aulas,... Pouco tempo para moito traballo.
Os nenos e nenas do primeiro curso xa comezaron a decorar. O pasado martes estivemos a enrugar papel continuo para facer unha pequena gruta. Foi unha actividade moi divertida!.


Ningún comentario:

Publicar un comentario