PAGINA

luns, 29 de novembro de 2010

CONCENTRACIÓN NA PORTA DO CONCELLO.


As movilizacións seguen o seu curso. Dado o mutismo do Concello tanto coa Dirección do Centro Educativo, como coa ANPA, os pais e nais da escola non poden esperar máis e esta mañá quedaron concentrados na porta do Concello  ás 9:30, para reivindicar a necesidade de comezar as obras de construcción da nova escola. Para que isto sexa posible é mester o desaloxo e paralelamente o realoxo do porteiro vixilante, polo que pídese celeridade ás autoridades competentes encabezadas polo Xefe do servizo de Educación, a Concelleira e o Sr. Alcalde.
Mentras moitos membros da Comunidade Educativa se concentraban na Praza do Rei, a Sr. Concelleira, Dna. Laura López Atrio apareceu de súpeto na escola para falar cos dirixentes da ANPA, o que fixo que se atrasasen no lugar de emprazamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario