PAGINA

martes, 30 de novembro de 2010

CHEGOU O DÍA ESPERADO. AS MÁQUINAS COMEZAN A TRABALLAR.

Hoxe, 29 de Novembro, comezaron as obras na nosa escola. A maquinaria botou a andar, os operarios a traballar. Cando chegamos á escola, preto das nove, xa se intuía movemento. A iso das 10 da mañá apareceu esta retroescavadora que derrubou parte do cerramento da nosa escola para facilitar a entrada de tódolos vehículos de construcción precisos para á demolición e posterior construcción.
Xa chegada á tardiña, os obreiros entraron en acción é pouco a pouco, ... mirade como deixaron á beirarrúa da escola.


Mañá será outro día. Todo indica que comezarán a demoler o PAVILLÓN. Seremos quen de velo? .

Que máquinas virán?. Estaremos todos atentos  e provistos de cámaras para poder grabar o gran momento.

luns, 29 de novembro de 2010

O ARRANXO DO PATIO.

Parece que o arranxo do patio, vai vento en popa, xa que o bo tempo, aínda que frío, permite aos operarios da empresa SERCOYSA, avanzar na súa adecuación. Comezaron cunha escavadora tentando achanzar o terreo e continuaban o pasado venres cunha apisoadora botando xabre. A vindeira semana farán o acceso aos baños, o que nos permitirá ir ao patio sen ter que sair do recinto.

FOTO DE GRUPO.

O pasado mércores día 24, tentamos sacar unha foto de escola para o calendario. A mala colocación do alumnado fixo que non fose posible unha boa panorámica. Se o tempo o permite, a repetimos esta semana.

CoMeZaN aS oBrAs???




Parece que todo está en marcha... Os nenos e nenas comezan a ver as 
primeiras escavadoras...

E... CHEGOU O DÍA.


Este mércores 24 de novembro pasará á historia do noso centro escolar, A Xunta inicia mañá mesmo as obras é prevé que o novo recinto estea listo para o vindeiro curso escolar.

Tras varios anos de peticións, reclamacións e movilizacions, hoxe asináronse as actas que indican que as obras están iniciadas. Esta mañá tivo lugar o acto de "replanteo" despois de que o Concello aprobase no día de onte o acordo para o desaloxo da vivenda destinada ao porteiro vixiante.
A Xunta investirá mais de dous millóns de euros para realizar a reforma.

CONCENTRACIÓN NA PORTA DO CONCELLO.


As movilizacións seguen o seu curso. Dado o mutismo do Concello tanto coa Dirección do Centro Educativo, como coa ANPA, os pais e nais da escola non poden esperar máis e esta mañá quedaron concentrados na porta do Concello  ás 9:30, para reivindicar a necesidade de comezar as obras de construcción da nova escola. Para que isto sexa posible é mester o desaloxo e paralelamente o realoxo do porteiro vixilante, polo que pídese celeridade ás autoridades competentes encabezadas polo Xefe do servizo de Educación, a Concelleira e o Sr. Alcalde.
Mentras moitos membros da Comunidade Educativa se concentraban na Praza do Rei, a Sr. Concelleira, Dna. Laura López Atrio apareceu de súpeto na escola para falar cos dirixentes da ANPA, o que fixo que se atrasasen no lugar de emprazamento.

VOLVE VISITARNOS O XEFE TERRITORIAL DON CESAR PÉREZ ARES.


Con motivo das movilizacións que se están a levar a cabo na nosa escola, o Xefe do Departamento Territorial da provincia de Pontevedra, volveu  visitar as nosas instalacións para amosarnos o seu apoio.

COMEZAN AS MOVILIZACIÓNS.


Non se pode esperar máis tempo. Ante a falta de comunicación do Concello de Vigo e a preocupación da Consellería de Educación pola ocupación da vivenda escolar, dende a Anpa e sempre baixo o apoio da Dirección, os pais e nais, acudiron á escola o pasado xoves día 11 para facer pancartas que indiquen aos distintos estamentos o descontento de tódala Comunidade Educativa . 




Posteriormente, o venres 12 de 9 a 9:30, os pais e nais, mestres e mestras, alumnos e alumnas   fixemos unha concentración ante as portas da escola para exisir unha solución inmediata ao Concello para realoxar ao Porteiro-Vixilante. 


PROBLEMAS PARA O COMEZO DA DEMOLICIÓN DA NOSA ESCOLA.


La reforma del Virxe do Rocío sigue paralizada por el desacuerdo con el conserje para realojarlo Xunta y dirección del centro critican que el vigilante "ya tenía que estar desalojado"

A CASTAÑEIRA.

POLO SAN MARTIÑO, CASTAÑEIRA NO CAMIÑO.

A pasada semana, na clase de plástica os nenos e nenas do primeiro ciclo fixeron unha CASTAÑEIRA. Utilizaron bolsas plásticas e papel de xornal. Os nenos de terceiro a vestiron e... aquí tedes o resultado.
Parecevos guapa?... Moi guapa non é, pero... INVITAVOS A TODOS  O PRÓXIMO VENRES DÍA 12 AO TRADICIONAL MAGOSTO.

CELEBRAMOS O MAGOSTO.

A tradicional festa do Magosto celebrouse o pasado venres día 12. Ao longo da mañá fixéronse diferentes obradoiros en cada un dos ciclos educativos, para rematar cun obradoiro común de lectura compartida.





O conto a traballar foi O APALPADOR. Mentras tiveron lugar estos obradoiros, un grupo de pais e nais colaboradores utilizaron o asador para facer as castañas, axudados indudablemente pola nosa CASTAÑEIRA.

Paralelamente fíxose unha fogueira, tal e como se facían tradicionalmente.

Despois... FESTA

xoves, 25 de novembro de 2010

PARALIZACIÓN DAS OBRAS

O venres, 12 de novembro, manifestámonos toda a comunidade educativa do CEIP VIRXE DO ROCÍO para pedir o comezo das obras do NOVO COLE. Todos xuntos, mestr@s, nen@s e familias unímonos para gritar o unísono: "COLE NOVO XA"

PORQUE NON PODEMOS ENTRAR NO COLEXIO?

O pasado luns 22 de novembro non puidemos entrar no colexio na hora de todos os días. Cando chegamos, encontrámonos coas pechaduras cheas de silicona. A folga da limpeza non entende dos dereitos dos nenos e nenas! Os nenos de 5 anos de Educación Infantil nolo contan...



A solución foi chamar a policía para denunciar e esperar durante mais dunha hora a chegada dos bombeiros que arranxaron o problema nun intre. 


 

O peor foron as consecuencias...


 

mércores, 24 de novembro de 2010

HORA DE LER

Espero que vos guste este video

mércores, 10 de novembro de 2010

Festa do Magosto

El magosto es una fiesta tradicional de Galicia[1] , Asturias.(Babia, El Bierzo, La Cabrera, Laciana, Maragatería y Montaña de Riaño,[2] en la provincia de León; Sanabria, La Carballeda, Aliste y Benavente y Los Valles,[3] en la provincia de Zamora; Las Hurdes,[4] en la provincia de Cáceres). Es también una fiesta muy popular en Portugal, donde se la denomina magusto.
Los elementos comunes de esta fiesta son la celebración en el mes de noviembre (o finales de octubre) teniendo como elementos principales a la castaña y el fuego. Con esta fiesta la castaña recupera la importancia que el maíz y la patata le fueron arrebatando en los últimos siglos.