PAGINA

venres, 26 de abril de 2024

RESUMO DAS XIII XORNADAS DE EXPERTOS "UN PLANETA CHEO DE VIDA"

 Na seguinte presentación tedes acceso ás distintas conferencias de expertos levadas a cabo polos distintos cursos ao longo do presente mes de abril.

Esta actividade enfronta ao alumnado a un dos retos máis importantes da  educación: unha necesaria autonomía que permite á persoa actuar dun xeito consciente e transformador da realidade, adquirir coñecementos,  formar  conceptos e desenvolver habilidades tendo o papel de protagonista no proceso de construción do seu propio coñecemento. Ademais, debe ter como principio básico o respecto á diversidade, co fin de promover, potenciar, espertar ilusión e motivación para a aprendizaxe.

Cada curso evidencia máis o traballo levado a cabo nas aulas e permite demostrar o nivel de competencia lingüística do noso alumnado.

Unha actividade na que todolos participantes melloran os niveis competenciais. 

 

CONFERENCIA EXPERTOS NAS FRAGAS E NOS BOSQUES, QUINTO DE PRIMARIA. XORNADA DE CLAUSURA.

 Benqueridas familias, a XIII edición de Expertos, chega ao seu fin hoxe, coa última conferencia sobre as fragas e os montes. Esparamos que gozarades tanto coma nós destas xornadas.

 



Vémonos no vindiro curso escolar nas seguintes.

martes, 23 de abril de 2024

23 ABRIL, DÍA DO LIBRO

 


 Hoxe é un día especial, na escola celebramos o día do libro. Levamos días preparando a actividade de lecturas compartidas, onde os maiores len contos aos pequenos, polo que houbo que elexir o libro que iamos contar aos afillados , preparala lectura,... e os máis cativos fixeron un marcapáxinas nas aulas para agasallarlle aos seus padriños/madriñas.







Por outra banda coñecemos a resolución do xurado que nomeou aos gañadores do concurse de deseño da chapa identificativa do evento do día de hoxe mailo cartaz.



Pasámolo fenomenal e o tempo acompañounos toda a mañá.

Xa desexamos que chegue o vindeiro día do libro. 

Por outra banda, o Equipo de Biblioteca preparou tamén unha fermosa exposición de libros sobre os libros. 

 

22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA

 Que mellor xeito de celebrar o Día da Terra co alumnado do sexto curso de primaria, creando un Stop Motion?.

En equipos cooperativos, utilizando masa de modelar, o alumnado, nunha sesión de traballo, creou con ela distintos personaxes, que utilizaron posteriormente, xunto con pezas de lego unhas fermosas curtas animadas no que incentivan o coidado do planeta. 

 

luns, 15 de abril de 2024

COMEZAN AS XIII XORNADAS DE EXPERT@S

 Hoxe dan comezo as XIII XORNADAS DE EXPERT@S nun PLANETA CHEO DE VIDA.


 Teñen a sorte de inaugurar as xornada o alumnado do cuarto curso de primaria que son expert@s nas Illas Atlánticas.

Esperemos que gocedes da conferencia.


 

mércores, 10 de abril de 2024

AS FAMILIAS FAN MARABILLAS

Encontro ás cegas cun libro. A colaboración familia escola é un dos nosos piares fundamentais. EStades convidados a visitar a exposición.

 Polas mañás de 9 a 9.30 e polas tardes de 4 a 5h. 

GRAZAS!